Anner Bylsma ou Anne Bijlsma nado na Haia o 17 de febreiro de 1934 e finado en 2019, foi un violonchelista neerlandés, que tocaba con violonchelo moderno e barroco.

Traxectoria Bylsma presta especial atención ao repertorio barroco do violonchelo. Estudou con Carel van Boomkamp no Real Conservatorio da Haia, gañando o Prix d'excellence en 1957.

En 1959, gañou o primeiro premio do Concurso Pau Casals de México. Logo foi o violonchelo principal da Royal Concertgebouw Orchestra durante seis anos (de 1962 a 1968). Escribiu o libro Bach, the Fencing Master, unha análise estilística e estética das Suites para Violonchelo de Bach. Foi un dos pioneiros da Escola Barroca Neerlandesa. Bylsma continúa a ser unha das principais figuras do violonchelo barroco.

En 1979 Bylsma gravou por primeira vez as seis Suites para Violonchelo só (BWV 1007-1012) de J.S. Bach cun instrumento da época. En 1992 fixo unha segunda gravación co Servais Stradivarius e cun violonchelo piccolo con cinco cordas.

Anner Bylsma estivo casado coa violinista neerlandésa Vera Beths.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos biográficos Datos discográficos

Categoría:Violonchelistas dos Países Baixos Categoría:Nados na Haia Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2019