San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 258 habitantes (134 mulleres e 124 homes) sete menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación. Toponimia
O topónimo Pereira é un fitónimo procede do latín , de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial), e fai referencia a un lugar cheo de pereiras. Xeografía A parroquia está atravesada de oeste a leste polo río BrandelosDesde O Pedrouzo hasta Santiago de Compostela , entrada en santiagocompostela.info ., que nace nas pendentes que se dirixen ao aeroporto, na chamada Fonte da Devesa, cerca do lugar de Alvite. Patrimonio A infraestrutura máis importante que se encontra dentro desta parroquia é unha parte substancial do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que comparte coas parroquias de Sabugueira, en Compostela, onde se atopa a torre de control, e de Loureda, en Boqueixón, aínda que esta última cunha mínima parte da pista de aterraxe.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pino
Categoría:Parroquias do Pino Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía