miniatura|200px|O dodo, unha ave de Mauricio, extinguiuse a finais do século XVII, despois de que o ser humano destruíse os bosques onde aniñaban estas aves e introducise animais que comían os seus ovos.
A extinción masiva do Holoceno é un nome dado á extinción sostida e xeneralizada de especies que ocorre no último período xeolóxico, o Holoceno. A extinción abrangue dende o mamut até o dodo, incluíndo incontables especies que desaparecen cada ano.
Características A extinción masiva do Holoceno comprende a notoria desaparición de mamíferos grandes, coñecidos como megafauna, preto do final da derradeira glaciación entre 9.000 e 13.000 anos atrás. Tales desaparicións consideráronse como consecuencia do cambio climático, como resultado da diseminación e proliferación do humano moderno, ou ambas.
Estas extincións implican a moitas familias de plantas e animais. Ao comezo do Holoceno, despois da derradeira glaciación, trátase principalmente dos continentes e illas recentemente conquistadas polo Homo sapiens as que viron desaparecer as súas principais especies. Dende comezos do século XIX, e en aceleración constante desde o decenio de 1950, as desaparicións implican a especies de todos os tamaños, e ocorren principalmente nas selvas tropicais, que teñen unha gran biodiversidade. A actual taxa de extinción é de 100 a 1000 veces a media atopada na historia natural da evolución do planeta e en 2007 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza considera que unha especie de aves de cada oito, unha de mamíferos de cada catro, unha de anfibios de cada tres e o 70% de todas as plantas están en perigo.A sexta extinción de especies pódense evitar, de Christiane Galus lemonde.fr, 13 de agosto de 2008.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Extinción Extinción masiva Sobrepoboación Agricultura itinerante
Ligazóns externas (en inglés) The Current Mass Extinction Event (en inglés) American Museum of Natural History official statement on current mass extinction (en inglés) The Extinction Website (en inglés) Peter Raven on the current mass extinction Raven, director of the Missouri Botanical Garden, explains present-day biodiversity loss. (en español) Homo Extintor Reflexión dende a sexta extinción masiva do holoceno.
Categoría:Extincións masivas