O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.
Descrición Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.
Pelame longo, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Esporón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)
Distribución miniatura|esquerda|Mapa de distribución en Galicia. Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Moldova, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.
Hábitat Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.
A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.
Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.
Protección
Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.
Ecolocación
As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35–108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32. Ficheiro:Keoka050510Bech&LHS.ogg
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Imágenes e información del murciélago ratonero forestal Guía sobre los murciélagos forestales Myotis bechsteinii en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. Myotis bechsteinii en Mammal species of the World.
Categoría:Myotis Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1817