38628 Huya é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto en marzo do 2000 por Ignacio Ferrin e o seu descubrimento foi anunciado o 24 de outubro do 2000. Está clasificado coma plutino, os cales están en resonancia orbital de 2:3 con Neptuno. Co telescopio Telescopio Espacial Spitzer estimouse que tiña un diámetro de 532 ± 25 km, o que fai del un posible candidato a planeta anano. Esperase que os obxectos trans-neptunianos sexan esféricos a diámetros ó redor dos 400 kms, .

Recibiría o nome de Huya, que provén de Juyá, o deus wayuu da choiva, recibiu este nome por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI) en agosto do 2003.

Características físicas No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.

O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas. Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.

Órbita e rotación Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol, e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015. Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno.Fágase notar que esta proximidade é vendo ó Sol e a Neptuno coma un conxunto respecto de Huya, non se refire a distancia máis próxima ó Sol e a Neptuno por separado. Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA. Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.

658px|miniatura|none|Gráfica onde se pode ve-la distancia Neptuno, Plutón e Huya respecto do Sol durante un período 1.000 anos.

Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3. Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996. O período de rotación de Huya é descoñecido.

Notas

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Candidatos a planeta anano Planeta anano

Ligazóns externas

Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris 37th DPS: Albedos, Diameters (and a Density) of Kuiper Belt and Centaur Objects Planet 10? Tiny 'Plutino' Almost Qualifies Discovery of a bright Trans-Neptunian Object (Yale) From the Rain Forest to Planet Huya

Categoría:Candidatos a planeta anano Categoría:Plutinos