miniatura|dereita|Proceso de impresión dunha publicación. A impresión é o proceso e o resultado de reproducir textos e imaxes, polo xeral con tinta sobre papel. É posible imprimir sobre gran diversidade de materiais, sendo necesario utilizar diferentes sistemas de impresión en cada caso. Pódese realizar de forma doméstica, artesanal, comercial ou industrial a grande escala, e é unha parte esencial da edición de libros e toda clase de publicacións impresas coma xornais, revistas, cartas, documentos etc.
Ata a aparición da impresión dixital todos os métodos utilizaban a técnica do gravado, cuxa característica principal é a utilización dun prelo que transfería mediante un golpe sobre o papel a imaxe dunha matriz untada con tinta. Ao longo da historia houbo diferentes sistemas de gravado, algúns coma a serigrafía ou a litografía fóronse adaptando á evolución da técnica e aínda perduran, outros coma a xilografía que fora amplamente utilizada, perderon vixencia e hoxe só se utilizan para a reprodución de obras de arte. As técnicas de impresión evolucionaron con rapidez, dando lugar a novos procedementos que satisfacían novas necesidades ou respondían a avances técnicos. Así foron aparecendo as técnicas do augaforte, o fotogravado (que apareceu a partir da fotografía), a impresión offset, o rotograbado e a xerografía.
As técnicas modernas de impresión dixital están estreitamente relacionadas co tratamento informático dos datos a imprimir. Os datos son enviados directamente á máquina impresora mediante o uso dun software específico de autoedición. Para executar unha impresión dixital é necesario o uso dunha impresora, aparello electrónico que traslada o aspecto visual a unha superficie física a través de variados recursos. As impresoras máis comúns son as de inxección de tinta, que utilizan cartuchos de tinta, e as láser, nas que a tinta aloxada nun depósito de tóner é modulada e dirixida mediante un feixe de raios láser.
As modernas técnicas de impresión en 3D ofrecen novas aplicacións en diversos campos.
Sistemas de impresión miniatura|Cuarto de montaxe de páxinas arredor de 1920 Os sistemas de impresión son moi variados, así como os seus resultados. Pódense distinguir grandes grupos con necesidades, procesos e resultados moi diferentes: os artísticos e artesanais, os dixitais e os industriais. Artísticos Os métodos de impresión artísticos son aqueles nos que se grava manualmente unha imaxe sobre unha superficie ríxida que despois acollerá tinta e será transferida por presión a outra superficie como papel ou tea, permitindo así facer de xeito mecánico múltiples copias da mesma. Exemplos son a xilografía, o linogravado, o gravado con buril, o gravado con punta seca, a augaforte, o verniz brando, a mezzotinta, a litografía e a serigrafía.
Dixitais A impresión dixital é toda aquela en que se imprime directamente en papel dende un ficheiro informático. É o sistema máis habitual en pequenas tiraxes.
Algúns dos sistemas habituais son: Inxección de tinta: habitual en impresión doméstica e de pequena tiraxe polo seu baixo custo. Impresora láser: común en documentos de oficina, a impresión por láser permite máis velocidade que a de inxección.
Industrias Tipografía ou impresión tipográfica: é o sistema da imprenta tradicional de tipos móbiles inventado por Johannes Gutenberg. Foi o sistema habitual para imprimir libros e outros textos dende o século XV ata ben entrado o século XX. Litografía: moi popular no século XIX para crear e reproducir imaxes como carteis. Empregaba orixinalmente unha pedra puída sobre a que se debuxa a imaxe cunha materia graxa. Offset: semellante ao proceso litográfico, empregando placas de metal (habitualmente en forma de roda) e engadindo unha placa intermedia ao proceso que mellora o resultado. Serigrafía: utiliza unha malla tensada nun marco e emprégase para imprimir sobre diversos materiais, dende camisetas até baldosas. Tampografía: emprega unha placa metálica ou plástica, revestida dunha emulsión fotosensible. É coñecida pola súa capacidade para imprimir superficies tridimensionais complexas. Utilízase para a marcaxe de pezas industriais e a publicidade. Flexografía: utiliza unha placa con relevo para imprimir, admite diversos tipos de tinta e úsase para embalaxes de cartón corrugado, bolsas de plástico e de papel, etiquetas autoadhesivas ou envoltorios alimentarios. Ocogravado: usado principalmente para revistas e embalaxes.
Impresión en 3D A impresión en 3D é unha forma de fabricación tecnolóxica na que os obxectos físicos se crean a partir de modelos dixitais tridimensionais empregando impresoras 3D.
Historia miniatura|Xilografía de Hiroshige. miniatura|Xilografía de Jost Amman que amosa un gravador. A impresión foi documentada por primeira vez na China na Dinastía Tang como un método para imprimir estampados na ropa; os exemplos máis antigos que sobreviven na China datan de antes do ano 220,Shelagh Vainker in Anne Farrer (ed), "Caves of the Thousand Buddhas", British Museum, 1990. ISBN 0-7141-1447-2. e de Exipto nos séculos VI e VII.Arthur M. Hind: An introduction to a history of woodcut. EE. UU.: Houghton Mifflin, 1935. Reimpresión: Dover Publications, 1963, ISBN 0-486-20952-0.
Na dinastía Tang, un escritor chinés chamado Fenzhi mencionou por primeira vez no seu libro Yuan xian san ji que a impresión xilográfica se empregaba para imprimir escrituras budistas durante os anos de Zhenguan (627-649 d. C.). A obra impresa chinesa máis antiga da que se ten constancia é unha impresión xilográfica de escrituras budistas do período Wu Zetian (684-705), descuberto en Tubofan (provincia de Xinjiang) en 1906. Foi roubado polos invasores xaponeses e atópase en posesión do Museo da Caligrafía en Tokyo. O libro impreso máis antigo documentado que aínda se conserva, unha copia dun texto budista, o Sutra do diamante, está datado en 848, mais escavacións nun pagode coreano puido desenterrar outro texto máis antigo datado en 750-751.Stearns, Peter. The Encyclopedia of World History: Ancient, Medieval, and Modern, Chronologically Arranged. 2001.History of Printing History World. Consultado o 16 de novembro de 2012. Na historiografía moderna chinesa, a impresión está considerada como unha das catro grandes invencións da China antiga.
Un monumento conmemorativo ao trono de 1023, dinastía Song do norte da China, documentaba que o goberno central nese tempo empregaba follas de bronce para imprimir o papel moeda e tamén bloques de bronce para imprimir os números e os caracteres na moeda. Na dinastía Jin, a xente empregou a mesma técnica pero máis desenvolvida para imprimir papel moeda e documentos oficiais formais. O exemplo típico deste tipo de impresión tipográfica con bloques de bronce é un cheque impreso da dinastía Jin do ano 1216.
Impresión en occidente A imprenta de tipos móbiles, predecesora dos actuais sistemas de impresión foi inventada por Johannes Gutenberg contra 1450.
Máis tarde apareceu a litografía, un sistema de impresión desenvolvido por Aloys Senefelder quen, sabendo que a auga e o aceite se repelen naturalmente, empregou unha pedra calcaria e unha barra de cera para realizar unha impresión, co que revolucionou as artes gráficas permitindo a impresión de imaxe de gran calidade. O sistema de impresión offset deriva da litografía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lafontaine, Gerard S. (1958). Dictionary of Terms Used in the Paper, Printing, and Allied Industries. Toronto: H. Smith Paper Mills. 110 p.
Elizabeth L. Eisenstein, The Printing Press as an Agent of Change, Cambridge University Press, setembro de 1980, Paperback, 832 páxinas, ISBN 0-521-29955-1 Marshall McLuhan, The Gutenberg Galaxy: The Making of Typographic Man (1962) Univ. of Toronto Press (primeira ed.); reimpreso por Routledge & Kegan Paul ISBN 0-7100-1818-5 Tam, Pui-Wing The New Paper Trail, The Wall Street Journal Online, 13 de febreiro de 2006, Pg.R8
Outras páxinas Imprenta Ligazóns externas Maquinas de impresión
Categoría:Impresión Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Tecnoloxía)