Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado en Tui o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.
Traxectoria miniatura|Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester en Baión, en 1928. Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Xerardo Álvarez Limeses, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, afincouse en Tui como médico en 1905. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerceu un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; dirixiu o semanario La Opinión e colaborou nos periódicos La Integridad, El Vencejo, La Correspondencia Gallega e El Pueblo Gallego. Casou con María Blázquez Ballester o 15 de xuño de 1907 coa que tivo seis fillos, todos homes: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).
Na Segunda República foi membro da Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Fusilados Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público