Mapu Tangatatutai Taia, nado o 28 de abril de 1939 en Oiretumu, na illa de Mauke, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
Mapu traballou como mestre de escola ata a súa xubilación en 1996, desde 1986 é diácono da Igrexa Cristiá das Illas Cook en Oiratemu foi xuíz de paz de 1994 a 1999. Presentouse como candidato demócrata a deputado pola circunscrición de Mauke nas eleccións xerais de 1999, obtendo a acta e resultado elixido vicepresidente do Parlamento, chegando á presidencia en 2006. No ano 2008 recibiu o título de oficial da Orde do Imperio Británico polos seus servizos á comunidade e no sector público. Non se presentou ás eleccións de 2010, retirándose da política. Leva o título tradicional de Kakemaunga Mataiapo e é un tuma korero (narrador de historias tradicionais).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Perfil no Parlamento das Illas Cook. Vídeo de Mapu Taia narrando a lenda de Kupatoa (en maorí das Illas Cook con subtítulos en inglés)
Categoría:Políticos das Illas Cook