Roald Hoffmann, nado o 18 de xullo de 1937 como Roald Safran (Hoffmann é o apelido do seu padrasto) en Zolochiv (Polonia) (agora Ucraína), é un químico teórico e profesor universitario estadounidense, de orixe polaco, que gañou o Premio Nobel de Química en 1981. Actualmente é mestre na Universidade Cornell en Ithaca, Nova York.
Traxectoria Hoffman naceu en Zolochiv, Polonia (agora Ucraína) dentro dunha familia xudía, co nome de Roald Safran, en honra ao explorador Noruegués, Roald Amundsen. El e a súa nai foron os únicos membros da súa familia que sobreviviron o holocausto, unha experiencia que influíu de xeito importante nas súas crenzas e no seu traballoThe Tense Middle por Roald Hoffmann, en NPR. Obtido o 29 de setembro do 2006.
Emigraron aos Estados Unidos en 1949, conseguindo a nacionalidade estadounidense en 1955 e cambiando o seu apelido Safran polo de Hoffmann, apelido do seu padrasto.
En 1955 graduouse en química na Universidade de Columbia, conseguindo o doutoramento na Universidade Harvard en 1962 xunto a William Lipscomb. Desde 1965 é catedrático de Ciencias físicas na Universidade Cornell.
Investigacións científicas Hoffman investigou as substancias orgánicas e inorgánicas, desenvolvendo ferramentas computacionais, así como métodos como o método Hückel estendido, o cal propuxo en 1963.
Tamén desenvolveu, xunto con Robert Burns Woodward, as regras para elucidar os mecanismos de reacción dos produtos químicos, coñecidos como as regras Woodward-Hoffmann.
Estudou con este o inesperado transcurso dunha reacción química que Woodward propúñase a utilizar na síntese da vitamina B12, descubrindo que o mecanismo de moitas reaccións queda determinado, máis que por outros criterios, polo do mantemento dunha simetría identificable na descrición matemática dos orbitais afectados, formulando unha serie de principios que constitúen a teoría da conservación da simetría orbital molecular. Tamén introduciu o pincipio isolobal.
Hoffman tamén é un escritor de poesía e publicou dúas coleccións, "The Metamict State" (1987, ISBN 0-8130-0869-7) e "Gaps and Verges" (1990, ISBN 0-8130-0943-X), así como libros de química para o público xeral. Tamén escribiu unha obra chamada "O2 Oxygen" acerca do descubrimento do osíxeno, pero tamén acerca do que significa ser un científico e a importancia do proceso do descubrimento na ciencia.
En 1981, Hoffman recibiu o Premio Nobel de Química, o cal compartiu con Kenichi Fukui. E.J. Corey declarou recentemente que el foi un dos dous que lle deron a Woodward a idea de aplicar grupos simétricos aos problemas, e polo tanto, polo menos en parte, Corey debeu de recibir tamén o Premio Nobel que Hoffman gañou. Hoffman dixo constantemente que Woodward xamais dixo nada respecto diso. El foi recoñecido coa Medalla Priestly en 1990.
É membro da Académie Internationale des Sciences Moléculaires Quantiques (Academia Internacional de Ciencias Moleculares Cuánticas) e é membro do Comité de Patrocinadores do Bulletin of the Atomic Scientists (Boletín de Científicos Atómicos) .
Hoffmann protagoniza, xunto con Don Showalter, a serie de vídeos World of Chemistry.
Desde a primavera do 2001, Hoffman foi anfitrión dunha serie mensual no Cornelia Street Café da cidade de Nova York chamado Entertaining Science, onde explora a conxunción entre as artes e a ciencia.
Premios Premio Nobel de QuímicaCornell Chemistry Faculty Research Medalla Priestley Premio Arthur C. Cope en Química Orgánica Premio en Química Inorgánica (American Chemical Society) Premio Pimentel en Educación en Química Premio de Química Pura Premio Monsanto Medalla Nacional da Ciencia Academia Nacional de Ciencias Membro da Academia Americana de Artes e Ciencias Membro da Sociedade Filosófica Americana Membro Estranxeiro da Royal Society
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1981 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1981 Roald Hoffman en Biografías y Vidas Fotos de Roald Hoffman Perfil de Roald Hoffmann en NNDB Web de Hoffmann
Notas
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos de Polonia Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados no distrito de Zolochiv, rexión de Lviv Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Polonia