O Volkswagen Touareg é un automóbil todo terreo do segmento E producido polo fabricante alemán Volkswagen dende 2002. É un cinco prazas con carrozaría de cinco portas, motor frontal lonxitudinal e chasis monocasco, que se ofrece unicamente con tracción á catro rodas. Os seus principais rivais son o BMW X5, o Range Rover Sport, o Jeep Grand Cherokee, o Mercedes-Benz Clase M, o Porsche Cayenne e o Volvo XC90.

Desenvolvemento O Touareg (nomeado internamente como Typ 7L) foi un proxecto do Grupo Volkswagen, que tamén incluíu a Audi e Porsche, que andaban a pensar na posibilidade de engadir un SUV ao seu catálogo de produtos. O obxectivo era crear un vehículo todo terreo que se puidese conducir como un coche deportivo. O equipo, de máis de 300 persoas, foi dirixido por Klaus-Gerhard Wolpert, e tivo a súa base de operacións en Weissach im Tal (Alemaña). Como resultado desta empresa conxunta o Porsche Cayenne comparte co Touareg a plataforma PL71 do Grupo Volkswagen, e ambos modelos fabrícanse en Bratislava xunto co Audi Q7.

Primeira xeración (2002-2010) O Touareg de primeira xeración foi deseñado en conxunto polo Grupo Volkswagen e Porsche. Por esta razón, a súa plataforma é a mesma que a do Porsche Cayenne e similar á do Audi Q7. Todas as unidades fabrícanse en Eslovaquia e Rusia. Na reestilización a finais de 2006, o Touareg recibiu o frontal cromado que tamén incorporan outros modelos da marca.

Motores GasolinaModeloAnoMotorPotencia (rpm)Par (rpm)3.2 V62002–2004V6 de 3189 cc276 CV (rpm)3.6 V62004–2006V6 de 3597 cc238 CV (rpm)4.2 V82002–2006V8 de 4163 cc306 CV (rpm)6.0 W122005-W12 de 5998 cc444 CV (6000 rpm) 600 Nm (3300 rpm)DiéselModeloAnoMotorPotencia (rpm)Par (rpm)2.5 R5 TDI2003-L5 de 2460 cc172 CV3.0 V6 TDI2004–2007V6 Turbo de 2967 cc222 CV5.0 V10 TDI2002-2007V10 Turbo de 4921 cc309 CV (3750 rpm) 750 Nm (2000 rpm)

Segunda xeración (2010-2018) A segunda xeración do Touareg foi presentada no Salón do Automóbil de Xenebra de 2010 e comezou a súa comercialización no segundo trimestre dese ano.

Ficha TécnicaTouareg V6 TDITouareg HybridTouareg 4.2 V8 TDIMotorV6 a 90ºV6 a 90ºV8 a 90ºCilindrada2.967 cc2.995 cc4.134 ccAlimentacióninx. directa (conduto común), admisión variable, Turbo compresor de xeometría variable. Intercooler. inx. directa múltiple (conduto común), Turbo compresor de xeometría variable, Intercooler.inx. directa, con compresor, Intercooler. Distribución4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata.4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata.4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata, Distribución VariablePotencia máxima240 CV a 4.000 rpm333 CV a 6.500 rpm + 46 CV a 1.150 rpm340 CV a 4.000 rpmPar máximo550  Nm a 2.500-2.250 rpm440  Nm a 3.000-5.250 rpm + 300  Nm a 1.150 rpm800  Nm a 1.750-2.750 rpmTransmisiónAutomatica DSG, de oito marchas máis reversaTracciónIntegral 4Motion, control de estabilidadAceleración 0–100 km/h 7,8 s6,5 s5,8 sVelocidad máxima 218 km/h240 km/h242 km/hConsumo medio (l/100 km)aut (7,4 l/100 km)aut (8,2 l/100 km)aut (9,1 l/100 km)Emisiones de CO2 aut (195 gr/km)aut (193 gr/km)aut (239 gr/km)

Terceira xeración A terceira xeración Touareg foi revelada o 23 de marzo de 2018 no Salón do Automóbil de Poznań. Facía fincapé na eficiencia do combustible. O vehículo é máis grande e usa a plataforma MLB do Grupo Volkswagen compartida co Porsche Cayenne e o Audi Q7.

Deportes

Palmarés miniatura|dereita|300px|VW Race Touareg conducido por Nasser Al-Attiyah no Rally Dakar 2010 (2ª posición). AnoCompeticiónMellor postoPiloto(s)2010Rally Dakar1ºCarlos Sainz2010Rally Ruta da Seda1ºCarlos SainzSainz vence por segunda vez consecutiva en el Rally Ruta de la Seda, , accedido o 10 de xaneiro de 2010, en abc.es.2009Rally Dakar1ºGiniel de Villiers2009Rally Ruta da Seda1ºCarlos Sainz

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Touareg 2010

Touareg