O talio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Tl e número atómico 81. Este metal do bloque p gris, brando e maleable é semellante ao estaño, pero decolórase exposto ao aire. É moi tóxico e empregouse como rodenticida e insecticida, pero este uso diminuíu ou eliminouse en moitos países debido aos seus efectos canceríxenos. Tamén se emprega en detectores infravermellos.

Historia

O talio (, ) descubriuse polo medio de espectroscopia de chama en 1861.Thallium was discovered both by William Crookes and by Claude Auguste Lamy, working independently. See: (1) William Crookes (March 30, 1861) "On the existence of a new element, probably of the sulphur group," Chemical News, vol. 3, pages 193-194; reprinted in: Philosophical Magazine, vol. 21, pages 301-305 (April 1861); (2) William Crookes (May 18, 1861) "Further remarks on the supposed new metalloid," Chemical News, vol. 3, page 303; (3) William Crookes (June 19, 1862) "Preliminary researches on thallium," Proceedings of the Royal Society of London, vol. 12, pages 150-159. See also: A. Lamy (May 16, 1862) "De l'existencè d'un nouveau métal, le thallium," Comptes Rendus, vol. 54, pages 1255-1262. O seu nome provén do brillo de cor verde nas liñas do espectro de emisión do elemento.

Trala publicación do método mellorado de espectroscopia de chama por Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff e o descubrimento do cesio e o rubidio entre 1859 e 1860, este converteuse nun método aprobado para determinar a composición de minerais e substancias químicas, e William Crookes e Claude-Auguste Lamy comezaron a empregar este novo método. William Crookes empregouno para realizar determinacións espectroscópicas de telurio en compostos de selenio. En 1862, Crookes conseguiu illar pequenas cantidades do elemento e determinar as propiedades dalgúns compostos. Claude-Auguste Lamy usou unha técnica semellante á de Crookes para determinar a composición dunha substancia que contiña selenio, depositada durante a produción de ácido sulfúrico a partir de pirita. A partir das liñas de cor verde no espectro conluíu que estaba presente un novo elemento, o talio.

Obtención Obtense principalmente das partículas dos fumes de chumbo e cinc fundidos, e dos lodos obtidos da fabricación de ácido sulfúrico. O metal obtense por electrólise dunha disolución acuosa das súas sales. Tamén se obtén por redución con sodio metálico e por precipitación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Talio