Jimmy Eat World é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Mesa (Arizona), formada no ano 1993. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim Adkins, o guitarrista e corista Tom Linton, o baixista Rick Burch e o batería Zach Lind.

Jimmy Eat World levga editados sete álbums de estudio, os seus últimos coa súa formación actúa. Orixinalmente tiñan un son punk rock e editaron a súa primeira demo en 1993, seguida polo seu EP One, Two, Three, Four en 1994. O seu álbum de estrea, Jimmy Eat World foi lanzado tamén en 1994, co seu actual guitarrista, Tom Linton, cantando na meirande parte dos temas. Jimmy Eat World lanzou o seu segundo e terceiro traballo polo selo Capitol Records. O aclamado Clarity, aparecido en 1999, contén o sinxelo "Lucky Denver Mint", que apareceu na película Never Been Kissed.

O éxito comercial chegoulle coa edición de varios sinxelos do seu álbum Bleed American, que acadaron o top 20 da lista Hot Modern Rock Tracks, chegando "The Middle" ao número 1. O seguinte álbum de Jimmy Eat World foi Futures, que conseguiu outro número 1 na lista Modern Rock Tracks, "Pain". O seu sexto traballo, Chase This Light, converteuse no que máis alto subiu nas listas, conseguindo chegar ao porto 5 da Billboard 200. O seu último disco ata o momento, Invented, foi lanzado o 28 de setembro do 2010 polo selo Interscope Records.

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Jimmy Eat World 1994 Wooden Blue Static Prevails 1996 Capitol Records Clarity 1999 Bleed American 2001 Dreamworks, Geffen retitulado Jimmy Eat World despois dos ataques de 11 de setembro Futures 2004 Interscope Records Chase This Light 2007 Invented 2010 Damage 2013 RCA, Dine Alone Integrity Blues 2016 RCA Surviving2019RCA, Exotic Location

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de Arizona Categoría:Grupos musicais formados en 1993