Concepción () é unha cidade chilena, con 216.061 habitantes (INE 2002) e é a capital da VIII rexión de Biobío e da provincia homónima. O territorio comprendido polas comunas de Concepción, Hualpén, Talcahuano, Chiguayante, San Pedro de la Paz e Penco integran a área metropolitana de Gran Concepción, que tiña unha poboación de 889.725 habitantes no 2002.

Historia A cidade foi fundada o 5 de outubro de 1550 polo conquistador español Pedro de Valdivia, baixo o nome de La Concepción de María Purísima del Nuevo Extremo. Formou parte do primeiro intento independentista de Chile, en 1810, ao mando do avogado Juan Martínez de RozasArquivo de don Bernardo O'Higgins, vol.I, p.68-69 e foi a cidade capital do Reino de Chile entre os anos 1565 e 1573, quedando mantida como o centro militar e político do reino para o resto do período colonial do paísI. Municipalidad de Concepción. «Concepción: Una visión histórica y patrimonial ». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. . Desde entón, é o centro da aglomeración rexional máis populoso do país desde os inicios do século XX, e ten como símbolo cultural a Praza da Independencia, que é o lugar onde foi feita a declaración solemne sobre a liberación chilena do realismo español.

Na comuna hai varias pontes, parques e murais. Concepción concentra as súas actividades na área de servizos e funciona como centro financeiro do Gran ConcepciónSERNATUR: Región del Biobío. «Provincia de Concepción ». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. . Ten tamén moitos colexios e universidades, entre as cales xa destacan a Universidade de Concepción, a Universidade do Bío-Bío e a Universidade Católica da Santísima ConcepciónMemoria Chilena. «Universidad de Concepción (1919-1968)». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. .

Xeografía Clima Concepción está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos suaves e veráns templados. A temperatura media anual é de 12,7 °CAnuario Estadístico Ciudad de Concepción 2003 de la Ilustre Municipalidad de Concepción (ligazón morta dispoñible no Internet Archive; véxase o historial e a última versión). Consultado o 18 de abril de 2017. . Nos meses entre maio e agosto son os máis fríos no inverno, con 10,8 °C/8,8 °C. Os veráns son moi calorosos, xaneiro posúe a media máis alta, con 16,3 °C e todos os anos supéranse os 22 °C en varias ocasións.

As precipitacións teñen unha media anual de 1130,6 mm ao ano, concentradas nos meses de maio a agosto, xuño é o mes máis chuvioso, con 241,3 mm. Hai 102 días de choiva ao ano, 2.616 horas de sol ao ano, ninguna xeada e ningún nevado na zona.

22px Parámetros climáticos medios de Concepción (Carriel Sur, Chile)* 22pxmesxanfebmarabrmaixuñxulagosetoutnovdecanual Temp. máxima media (°C) 22,1 21,8 20,3 17,9 15,3 13,4 12,9 13,6 14,9 16,6 18,7 20,9 17,37 Temp. mínima media (°C) 11,1 10,9 9,6 8,4 8 6,6 5,9 6 6,5 7,6 8,9 10,5 8,33 Precipitacións (mm) 18 15 23 69 202 241 210 137 91 64 37 24 1130,6 *''Fonte:Meteo Chile, Información climatológica de estaciones chilenas, December 2013 , Consultado o 2 de febreiro de 2014

Galería de imaxes

Cidades irmás As cidades irmandadas de Concepción: Cuenca, Ecuador Guayaquil, Ecuador 20px Belén, Cisxordania 20px Auckland, Nova Zelandia Monterrey, México La Plata, Arxentina 20px Cascavel, Brasil 20px Minnesota, Estados Unidos de América 20px Wuhan, República Popular da China

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rexión de Biobío Gran Concepción

Ligazóns externas Sitio web oficial da Municipalidad de Concepción Encyclopædia Britannica — Concepción (inglés)

Categoría:Cidades da Rexión de Biobío