miniatura|dereita|250px|A loba capitolina. A historia urbana de Roma, a urbe por excelencia, "cidade eterna", caput mundi, desenvólvese por case que tres milenios dende a confederación dun grupo de aldeas espalladas nuns outeiros á beira do Tíber, ata se converter na capital da civilización máis avanzada da antigüidade (que ordenou o orbe a imaxe da urbe) e séculos despois, xa na Idade Moderna, no centro espiritual e artístico máis venerado da cultura occidental.

Época preurbana dereita|miniatura|200px|A localización de Roma cos primeiros sitios arqueolóxicos (habitacionais e enterramentos). Dende a idade de bronce, o meandro do río Tíber onde a illa Tiberina permite cruzalo, era un lugar crucial de vías terrestres (entre Etruria e a Campania colonia grega) e fluviais (co río navegable ata aquel punto onde polo seu val transcorría a rota do sal, posterior Vía Salaria, cara aos Apeninos). Confín tamén de territorios de latinos ao sueste, etruscos ao noroeste e sabinos ao nordeste, nos outeiros da zona, a salvo dos vales pantanosos, diseminábanse aldeas das diferentes tribos (ata 60 en 1000 km² na época fundacional) e pronto comezou a celebración de feiras e mercados a carón do río (famoso o de bois que daría nome ao Foro Boario na ribeira esquerda). Ámbalas dúas características permiten aos estudosos definir as orixes de Roma coma sinecismo de emporio ou progresivo agrupamento ao longo do tempo (s. XIV a VIII a. C.) de moitas pequenas poboacións nun centro de intercambio (emporio ou mercado xunto a unha vía de auga) no cruzamento de rotas.

Precisamente preto do Foro Boario, ao pé do monte Capitolino, aparecen os primeiros achados arqueolóxicos (cerámica apenina do s. XIV a. C.) e xa no s. XI a. C., os indicios de primeiros asentamentos na área do posterior Foro Romano con restos funerarios (s. X a. C.) estendidos de seguida ao monte Palatino (cabanas do s. X a. C.Recreación dun asentamento da Idade de Ferro no Palatino e unha necrópole do s. IX a. C.). Sucesivamente aparecerán tamén no Esquilino e Quirinal.

Idade antiga A primeira Roma do Palatino miniatura|200px|Reconstrución hipotética da Roma do Palatino (Roma Quadrata, s.VIII aC). A lenda de Rómulo e Remo fixa no ano 753 a. C. a data da fundación da cidade polo primeiro, convertido en rei. A arqueoloxía confirma que no século VIII a. C. aparece unha gran necrópole común no Esquilino ao tempo que desaparecen as intermedias entre os varios poboados (a depresión do Foro Romano perde para sempre esa función).

Ademais, da segunda metade do século descubríronse trazas dun muro arredor do Palatino ("Muro de Rómulo"), unha cabana rexia e un primitivo templo (no ángulo noroeste do outeiro). De feito o Palatino era o monte máis defendible, polas súas ríspidas ladeiras, e con amplitude suficiente (10 Ha) para albergar unha primeira vila. Seica contaba con tres ou catro portas (Romana, Mugonia e Ianuaria ou Trigonia).Recreación a vista de paxaro da primeira Roma sobre o monte Palatino

Semella que na segunda metade do século VII a. C., co advento dunha forte influencia dos veciños etruscos (posible dinastía de reis desa procedencia), Roma comezou un período de florecemento económico e expansión (s. VI a. C.). O reflexo no eido urbano foi a drenaxe e pavimentación dunha área (700m²) fora do muro, ao pé do Capitolino no seu extremo norte, coma lugar de reunión das tribos (comitium, con tribunal e curia). Vai seres o xermolo do Foro Romano. Coa construción pouco despois da Cloaca Maxima, o antigo val pantanoso vai tomar un carácter público central na conformación da futura urbe.

Expansión aos sete outeiros

miniatura|200px|As catro rexións de Roma dentro das primitivas murallas do século VI aC atribuídas a Servio Tullio. Urbe que comeza a espallar os seus límites: o monte Aventino é poboado con latinos vencidos en batalla (empezando a súa historia coma núcleo dos plebeos); o val entre Palatino e Aventino tamén é desecado cunha cloaca e aproveitada a súa configuración para un primitivo Circo Maximo en madeira;Recreación a vista de paxaro da Roma do século VI aC: o Monte Aventino, o primitivo Circo Máximo e a Ponte Sublicio en primeiro termo; as murallas do século VI aC cinguindo o resto dos outeiros (cada un dos cales seica tiña fortificacións de seu, o Capitolino coma cidadela) o monte Ianículo na beira occidental do Tíber é fortificado e unha primeira ponte, así mesmo en madeira (ponte Sublicio), une a zona (futuro Trastévere) á cidade. Tamén no río, na súa foz, fundouse o porto de Ostia.

Coma colofón desta primeira etapa de esplendor, e mostra das aspiracións da nova cidade no contexto rexional, iniciouse a erección do gran Templo de Xúpiter Óptimo Máximo na cima sur do monte Capitolino.Recreación do templo etrusco de Xúpiter Capitolino De característica arquitectura etrusca e notables proporcións para a época (53x62m) debeu dominar a cidade coma o Partenón pouco despois en Atenas.Vista do templo de Xúpiter no Capitolino e o primitivo Foro embaixo; a cidade fundacional do Palatino á esquerda; maqueta da Roma Arcaica no Museo da Civilitá Romana

Finalmente, atribuída ao rei Servio Tulio na metade do século VI a. C., unha reorganización censual das antigas tribos en catro rexións levou a arrodeares o novo conxunto urbano cunha verdadeira primeira muralla de 7 km (285Ha, sen incluír aínda o Aventino nin o porto e mercado do Foro Boario). Era xa a maior cidade da Península Itálica.

Roma republicana A implantación dunha república oligárquica, segundo a tradición no 509 a. C., non foi máis que o primeiro episodio dunha loita entre patricios terratenentes e plebeos pola equiparación de dereitos. Unha clara influencia grega substitúe á etrusca e na primeira metade do século V a. C. reflíctese nunha notable actividade edilicia (novos templos de Saturno e de Cástor e Pólux no Foro). Despois seguiu un período de crise debido as guerras rexionais (cos etruscos entre outros pola preeminencia) e rematou coa destrución da vila a mans dos celtas galos no ano 390 a. C. (excepto a cidadela do Capitolino).miniatura|dereita|200px|Planta de Roma nas murallas chamadas servianas do s.IV aC.

A reconstrución posterior foi feita sobre a traza antiga, pero a reforzada nova muralla (378-353 a. C. e chamada tamén, na tradición, serviana) incluía xa o Aventino e ampliacións ao nordeste do Esquilino, Viminal e Quirinal (426Ha, maior que Atenas no tempo). De 11 km e entre 12 e 18 portas, marca o inicio dunha época de poder e expansión crecentes (tales que en oito séculos ningún outro pobo estranxeiro vai tomar a cidade).

O Foro é o corazón dese organismo. Mercado, tribunal, centro político e relixioso, a vida da urbe e por extensión dos seus territorios dirímese nese pequeno val que vaise enchendo con novas edificacións (templos, basílicas, monumentos) . Nunha área de importancia no futuro desenvolvemento urbano de Roma, o Campo de Marte fóra de murallas, eríxese o complexo sacro do Largo Arxentina e o circo Flaminio. miniatura|200 px|esquerda|As murallas servianas no emporium xunto ao Tíber; a porta Trixémina no primeiro termo e o Templo de Xúpiter Capitolino ao fondo. As primeiras grandes infraestruturas, pontes (Emilio xunto ao Sublicio e Milvio cara ao norte da vila, s.III aC), calzadas e acuedutos (vía Apia e acueduto Claudio, 312 a. C.) fornecen ese corazón abríndoo as rexións conquistadas. Despois das guerras samnitas e a lei Hortensia do 287 a. C. que pacifica aos plebeos nas súas reivindicacións, toda a península vai estares baixo o dominio de Roma que pasará entón a competir polo liderado no Mediterráneo fronte a Cartago nas guerras púnicas (264-146 a. C., a cidade conta cuns 150.000h).

Na transición á época imperial, Xulio César vai comezar unha reordenación do conxunto do Foro (dominado dende o Capitolino polo Tabularium do 78 a.C. e flanqueado pola refeita basílica Emilia e a nova basílica Xulia) e construír un engadido de seu, inaugurando unha tradición que conformará os futuros Foros Imperiais. Tamén amplía o Circo Máximo refacéndoo en pedra.Roma no tempo de Augusto; reconstrución da cidade do comezo do Imperio (14 dC, inmediatamente despois de Xulio César)

Caput Mundi Roma acadou o seu cénit nos dous primeiros séculos da nosa era. Cunha poboación que puido chegar ao millón de habitantes era a maior metrópole do tempo, capital dun imperio que abranguía as dúas beiras do Mediterráneo dende o Atlántico aos desertos asiáticos e dende as chairas do norte de Europa ao Sáhara. miniatura|dereita|Roma imperial na muralla de Aureliano miniatura|220 px|Planta do centro monumental no Imperio. Baixo o réxime imperial a urbe vaise engrandecer con innumerables obras públicas e privadas. Cada emperador quixo deixar o seu selo no centro da cidade levantando edificacións que inda hoxe impresionan pola súa escala e magnificencia. miniatura|esquerda|Foro Romano embaixo e Foros Imperiais Así os anteditos Foros Imperiais (entre 46 aC o de César e 113 dC o de Traxano Planta interactiva dos Foros Imperiais; Universidade de Minnesota) organizan unha vasta área monumental ao norte do Foro primixenio. Ao oeste, no Palatino, que fora de sempre lugar das residencias patricias, espállase un gran complexo de pazos coma residencia imperial Vista dos pazos imperiais no Palatino por riba do Circo Máximo na maqueta da Roma antiga; Museo della Civilitá Romana Outra vista co antigo Foro Boario en primeiro termo e o Palatino sobre o Circo Máximo . E ao leste, o célebre Coliseo (anfiteatro Flavio, 72-80 dC) pecha todo o conxunto, a maior concentración imaxinable de templos, basílicas, pórticos, arcos triunfais e monumentos.

Superando o muro serviano (que pola súa inutilidade durante ós séculos da pax romana vai quedares subsumido nas edificacións), o Campo de Marte Mapa de Roma arredor do ano 100 dC é xa definitivamente urbanizado con teatros, circos e estadio, termas, mausoleos e a presenza destacada do revolucionario Panteón do emperador Hadriano Idem co Panteón en primeiro termo e os Foros Imperiais ao fondo.

Ata entón a arquitectura romana era conservadora no senso de copiar os modos e ornato marmóreo de prestixio gregos. Só nas infraestruturas utilitarias empregábanse os novos sistemas construtivos a base de morteiro de argamasa, fundamentalmente nos abovedamentos. O Panteón (118-128dC) é o primeiro gran templo que os incorpora, compendio dos mellores achados e avances da arquitectura romana, que coa súa magnífica cúpula de casetóns de 43'2 metros vai marcar un dos cumios da historia da arquitectura "A xeometría da bóveda do Panteón", Tomás G.Salgado.

No eido das infraestruturas, dende Augusto a metrópole fornécese cun vasto sistema de acuedutos, cloacas e novas pontes son tendidas sobor do Tíber, cuxas ribeiras canalízanse. O porto fluvial (Emporium cos almacéns ou horrea) amplíase ata ocupar unha vasta área baixo o monte Aventino Maqueta do Emporium de Roma co Porticus Aemilia republicano en primeiro termo e o Aventino ao fondo Idem noutra vista co monte Testaceus, restos das ánforas e vasillas rexeitadas, ao fondo diante das murallas Aurelianas . O centro militar, no monte Arx xunto ao Capitolino na república, sitúase agora no extenso Castra Praetoria (ao nordeste).

A inxente poboación da plebe amoreábase en apertadas edificacións en altura (insulae) nunha trama de rúas estreitas e intricadas. O grande incendio do ano 64 permitiu a Nerón, ademais de erixir a inmensa Domus Aurea para si mesmo (destruída por Vespasiano que levanta o Coliseo), planificar racionalmente a reconstrución dos barrios destruídos con rúas mais anchas, límite de alturas, soportais e prazas, aínda que non chegou a alterar as grandes liñas da cidade. Un magnífico exemplo posterior de intervención urbana (e tamén de arquitectura de argamasa e orde decorativa xa romana) foron os Mercados de Traxano por riba do seu foro, na aba do Quirinal Perspectiva axonométrica dos Mercados de TraxanoInterior abovedado da sala principal do mercado no nivel superior (foto contemporánea) .