Zhū Xī ou Chu Hsi (chinés: 朱熹, Pinyin: Zhū Xī, Wade-Giles: Chu Hsi), nado o 18 de outubro de 1130 en Youxi, provincia de Fujian, China e finado o 23 de abril de 1200 na China, foi un sabio confucianista da Dinastía Song que chegou a converterse na principal figura da Escola do Principio e o máis influente racionalista do neo-confucianista. Reconstruíu a famosa "Academia da Cova do Cervo Branco" (白鹿洞书院,白鹿洞書院,Báilùdòng Shūyuàn)), unha das catro máis importantes da antiga China. Zhu Xi tamén tivo influencia no Xapón, onde os seus seguidores foron chamados a escola Shushigaku (朱子学, Zhūzixué, "a escola do mestre Zhu"), e en Corea, onde a súa filosofía é coñecida como Jujahak (주자학). Durante a dinastía Song as súas ensinanzas foron consideradas heterodoxas.
Xunto con outros eruditos codificou o que agora é coñecido como o canon confuciano de textos clásicos: os Sì shū wǔ jīng (chinés tradicional: 四書五經; chinés simplificado: 四书五经; en galego: os Catro Libros e os Cinco Clásicos). En especial, reuniu os célebres Catro Libros: o Daxue 大學 (en galego: A grande aprendizaxe); a Zhongyong 中庸 (en galego: A doutrina do medio); as Lunyu 論語 ou Analectas; e o Mengzi 孟子 ou Libro de Mencio. Tamén escribiu extensos comentarios sobre todos eses textos que, a pesar de non ser recoñecidos polos seus contemporáneos, foron despois aceptados como exemplares. Articulou o que máis tarde se convertería na interpretación ortodoxa confuciana dalgunhas crenzas do Taoísmo e o Budismo. Os seus seguidores rexistraron por escrito milleiras das súas conversas.
Traxectoria Zhu Xi, cuxa familia era orixinaria do condado de Wu-yuan na prefectura de Hui (徽州婺源县, localizada actualmente na provincia de Jiangxi), naceu en Fujian, onde seu pai traballaba coma alguacil da subprefectura. O mesmo Zhu Xi desde a infancia demostrou habilidades extraordinarias e comezou a recibir unha educación clásica aos catro anos baixo a supervisión da nai. Logo de que seu pai fose despedido por mor da súa oposición á política de apaciguamento da Dinastía Jurchen en 1140, Zhu Xi foi instruído polo seu pai na casa. miniatura|Estatua de Zhu xi na Academia White Deer Grotto en Lushan Mountain Logo da morte de seu pai en 1143, estudou cos amigos de seu pai Hu Xian, Liu Zihui e Liu Mianzhi. En 1148, aos 19 anos, Zhu Xi pasou o Exame Imperial e converteuse en doutor. O primeiro traballo oficial de Zhu Xi foi coma rexistrador da subprefectura de Tong'an (同安县主簿), no que serviu de 1153 a 1156. Desde 1153 comezou a estudar con Li Tong, que seguía a tradición neoconfuciana de Cheng Hao e Cheng Yi e converteuse oficialmente no seu alumno en 1160.
En 1179, logo de non traballar coma funcionario público desde 1156, Zhu Xi foi nomeado Prefecto do distrito militar de Nankang (南康軍), onde reviviu a Academia da Gruta do Cervo Branco (白鹿洞書院). e foi degradado tres anos despois por criticar a incompetencia dalgúns oficiais influentes.
Incluso aínda que as súas ensinanzas foron atacadas por figuras relevantes, case mil persoas asistiron ao seu funeral.Chan 1963: 588. En 1208, oito anos despois da súa morte, o emperador Ningzong dos Song rehabilitou a Zhu Xi e honrouno co título póstumo de Wen Gong (文公), que significa “Venerable cabaleiro da cultura”.Chan 1989: 34. Arredor de 1228, o emperador Lizong dos Song honrouno co título nobiliario póstumo de Duque de Hui (徽国公). Hui refírese a Hui-chou, o seu pazo ancestral en Anhui, agora Jiangxi. En 1241, colocouse unha placa en conmemoración súa no Templo Confuciano, elevándoo así á santidade confuciana. Hoxe, Zhu Xi é idolatrado coma un dos "Doce Filósofos" (十二哲) do Confucianismo.Confucius Temple Os sinoloxistas modernos adoito refírense a el coma Zhu Wen Kung (朱文公).
Ensinanzas miniatura|Carta de Zhu Xi (1194) instruíndo a un oficial subordinado sobre asuntos do goberno local, despois de que deixara o seu cargo de Administrador de Tanzhou por ser nomeado para ensinar na corte imperial. miniatura|Zhu Xi como se representa no álbum Portraits of Famous Men, c. 1900, conservado no Museo de Arte de Filadelfia. Os Catro Libros Durante a dinastía Song, as ensinanzas de Zhu Xi foron consideradas non ortodoxas. En lugar de centrarse no I Ching como outros neoconfucionistas, elixiu destacar os Catro Libros: A Gran Ensinanza, A metade invariable, Analectas de Confucio e o Libro de Mengzi, como programa para aspirantes a funcionarios. Para todos estes clásicos escribiu comentarios extensos que non se recoñeceron na súa época, pero que logo se converteron nos comentarios aceptados como estándar. Os Catro Libros serviron como base para os exames da función pública ata 1905,Chan 1963: 589. e o ensino clásico a miúdo comezou con comentarios de Zhu Xi, que tamén era a pedra angular para a súa comprensión.Red Pine, Poems of the Masters, Copper Canyon Press, 2003, pax. 164.
Forza Vital (txi 气), principio (li 理), e o Último Supremo (taiji 太极) Zhu Xi afirmaba que todas as cousas existen pola unión de dous aspectos universais da realidade: txi, ás veces traducido como forza vital (ou física, material), e li, ás veces traducido como principio racional (ou lei). A fonte e a suma de li o taijí (Wade-Giles: T'ai Chi), é dicir, o Fundamento Supremo. A fonte de txi (Wade-Giles: ch'i) non é exposta tan claramente por Zhu Xi, un feito que levou a algúns estudosos a consideralo metafísico monista e a outros a cualificalo de metafísico dualista.
Segundo a teoría de Zhu Xi, cada obxecto físico e cada persoa ten o seu li e, por tanto, ten contacto na súa esencia metafísica do taijí. O que se coñece como a alma humana, a mente ou o espírito enténdese como o taijí, ou o principio creador supremo, posto que se abre camiño nunha persoa.
Qi e li operan xuntos en mutua dependencia. Estes dous aspectos maniféstanse na creación de entidades substanciais. Cando a actividade é crecente (rápida ou extensiva), este é o modo de enerxía yang. Cando a súa actividade vai minguando (lenta ou contractiva), este é o modo de enerxía yin As fases yang e yin interaccionan constantemente, gañando e perdendo cada un o dominio sobre o outro. No proceso de crecemento e decrecemento, a alternancia destas vibracións fundamentais, os chamados cinco elementos (lume, auga, madeira, metal e terra) evolucionou. Zhu Xi sostén que o li existía mesmo antes que o Ceo e a Terra.Zhu Xi 1986, Zhuzi yulei, Beijing; Zhonghua Shuju, p.1
En termos de li e qi, o sistema de Zhu Xi aseméllase moito ás ideas budistas do li (de novo, o principio) e o shi (asuntos), a pesar de que Zhu Xi e os seus seguidores sostiñan firmemente que non copiaban as ideas budistas. En cambio, sostiveron que estaban a utilizar conceptos xa presentes moito antes do Yijing.
A súa meditación non requiría o cesamento de todo pensamento como no caso do budismo, senón que se caracterizaba por unha introspección que axudaba a equilibrar varios aspectos da personalidade de cada un, permitindo o pensamento enfocado e a concentración. A súa forma de meditación era por natureza confuciana, no sentido que estaba preocupada pola moralidade. El cría que este tipo de meditación achegaba máis á humanidade e achegáballe harmonía.
Zhu Xi falaba de como vía el o concepto de Último Supremo (Taiji) para que fose compatible co principio do taoísmo, pero o seu concepto de Taiji era diferente da comprensión do Tao no taoísmo. Onde o Taiji é un principio diferenciador que dá lugar á aparición de algo nova, o Dao é tranquilo e silencioso, e opera para reducir todas as cousas á igualdade e a indistinción. Sostivo que hai unha harmonía central que non é estática ou baleira, senón dinámica, e que o Último Supremo é propio da actividade creativa constante. A pesar de que Zhu Xi vía o seu concepto do taijí compatible co do Daoísmo, era en realidade moi diferente do que o Daoísmo entende por dao. Mentres o taijí é un principio diferenciador que resulta no momento que xorde algo de novo, o dao é algo quieto e silencioso, que actúa para reducir todas as cousas na igualdade e a indistinguibilidade.
Segundo Zhu Xi, a natureza moral fundamental dos humanos é a bondade. Mesmo se unha persoa mostra un comportamento inmoral, o principio regulador supremo é bo. Como é difícil establecer de onde xorde a inmoralidade segundo este argumento, Zhu Xi afirmaba que xorde por efecto da ocultación do li envolvido polo qi, pero esta afirmación non soluciona o problema da inmoralidade, posto que o qi de por si forma parte do taijí.
A natureza humana Zhu Xi consideraba que o antigo confuciano Xunzi era un herexe por apartarse da idea de bondade humana innata de Menci. A pesar de que as persoas mostran un comportamento inmoral, o principio regulador supremo era bo. A causa dos actos inmorais é o qi. A metafísica de Zhu Xi é que todo contén li e qi. O li é o principio que está en todo e goberna o universo. Cada persoa ten un li perfecto. Por tanto, as persoas teñen que actuar en perfecta conformidade coa moralidade. Con todo, mentres que o li é a estrutura subxacente, o qi é tamén parte de todo. O qi escurece a nosa natureza moral perfecta. A tarefa do cultivo moral é limpar o noso qi. Se o noso qi está claro e equilibrado, entón actuaremos dunha maneira perfectamente moral.
Corazón / mente A claridade da mente e a pureza de corazón son ideais na filosofía confuciana. No seguinte poema, "Reflexións mentres lemos - 1" Zhu Xi ilustra este concepto mediante a comparación da mente cun espello, que se mantén cuberta ata que se necesita, que simplemente reflicte o mundo que o rodea, e que se mantén clara coas augas que flúen (un símbolo do Tao). En chinés, á mente ás veces denomínase "o centímetro cadrado", que é a tradución literal do termo ao cal se alude no comezo do poema. Un pequeno estanque cadrado, un espello descuberto onde a luz solar e as nubes permanecen e saen Pregunteille como se mantén tan claro díxome que a auga da fonte segue fluíndo.Tradución orixinal inglesa feita por Red Pine.
Coñecemento e acción De acordo coa epistemoloxía de Zhu Xi, o coñecemento e a acción son compoñentes inseparables da actividade verdadeiramente intelixente. A pesar de que fixo unha distinción entre a prioridade de saber, xa que a acción intelixente require previsión, e a importancia da acción, xa que produce un efecto discernible, Zhu Xi dixo que "o coñecemento e a acción sempre se necesitan mutuamente. É como unha persoa que non pode andar sen pernas, a pesar de que ten ollos, e que non pode ver sen os ollos a pesar de que ten as pernas. En canto á orde, o coñecemento é o primeiro, e en canto á importancia, a acción é máis importante".The Complete Works of Chu Hsi, sección 20 en Chan 1963: 609.
A investigación das cousas e a ampliación dos coñecementos Zhu Xi avogou polo Gewu, a investigación das cousas. Como investigar e que son estas cousas é a fonte de moitos debates. Para Zhu Xi, as cousas son principios morais e a procura implica prestar atención a todo en ambos os libros e asuntosThe Complet Works of Chu Hsi, sección 26 en Chan 1963: 609. porque "os principios morais son forza inesgotable".The Complet Works of Chu Hsi, sección 27 en Chan 1963: 610.
Relixión Zhu Xi non sentía afección polas ideas tradicionais dun Deus-Ceo (Tian), a pesar de que falou de como as súas propias ideas reflectían os conceptos tradicionais. Alentou unha tendencia agnóstica dentro do confucianismo, porque cría que o taiji é un principio racional, e falou del como un ser intelixente e vontade ordenadora detrás do Universo (á vez que afirmaba que "o Ceo e a Terra non teñen mente propia" e promovía que a súa única función era producir cousas. Se isto pode considerarse unha vontade consciente ou intelixente é claramente asunto de debate).W.T.Chan Source-Book Zhu Xi, Cap.11, #127, px.643 Non promoveu o culto aos espíritos e ofrendas ás imaxes.
Meditación Zhu Xi practica unha forma diaria de meditación chamada jingzuo similar, pero non igual, á budista dhyana ou chan ding (Wade -Giles:ch'an-ting).
Sobre o ensino, a aprendizaxe e a creación dunha academia