Julio Corcuera Rabadán, nado en Rosario o 20 de marzo de 1926 e finado en maio de 2012, foi un futbolista arxentino.
Xogaba de dianteiro e formou xunto a Oswaldo, Franco, Tino e Moll a Orquestra Canaro, a mítica dianteira da primeira época dourada do Deportivo da Coruña.
Traxectoria Era fillo de dous españois, de Burgos e Valladolid. Xogou en Rosario nos equipos Tiro Federal e Argentino, anotando na súa última tempada no segundo deles, 10 goles en 18 partidos. Chegou a Galicia o 10 de agosto de 1950, xunto ao tamén rosarino Oswaldo García para xogar no Deportivo da Coruña, que viña de ser subcampión de liga na tempada anterior. Xogou cinco anos no club coruñés e formou parte da mítica Orquestra Canaro, a dianteira formada por Oswaldo, Franco, Tino, Moll e o propio Corcuera. Tras xogar cinco anos no equipo branquiazul, nos que marcou 29 goles, fichou polo Xerez, de Segunda División, co que anotou 18 goles en 27 partidos. Na tempada 1956/57 volveu á Primeira División no Real Jaén, co que só disputou tres partidos, pois en novembro de 1957 deixou o fútbol e regresou ao seu país para rexentar xunto a seu irmán un negocio de destilería de alcohol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Real Jaén