Cats and Monkeys foi unha banda formada en Lugo en 2009, a partir da xuntanza de membros de bandas de estilos diversos coma Mowgli, Ocean's Garden, Moondogs Blues Party ou Skarallaos, que xa tiñan unha certa traxectoria musical ás súas costas.
Atoparon o nexo de unión das súas inquedanzas musicais no funk, o soul e o rock. Tras engadir varios membros á formación acadaron unha formación de 10 músicos, aínda que na época final só permaneceron 7. O seu repertorio baseábase en clásicos da música negra americana dos 60 e 70 alimentados polas sonoridades do rock e o jazz, estilos que xa viñan cultivando dende antes de formar o grupo.
A medida que foron incluíndo temas propios ao repertorio o seu estilo foi evolucionando cara o neo-soul e o acid-jazz con matices experimentáis, incorporando tamén algún que outro arranxo bastante persoal de temas doutros compositores.
Tocaron por toda a xeografía galega tanto en xiras autoproducidas coma en circuítos coma a Rede Galega de Música ao Vivo. Gravaron vídeos documentais para o programa "En Rede", emitido en TVG, e para a produtora pontevedresa Reflex, no formato de vivo en estudio "Live on Litium", ámbolos dispoñibles en YouTube. Tamén estiveron presentes en varios festiváis coma o SanFroidance (Lugo), en 2010 e 2011, o Zero Rock (Caldas) ou o Festival de Jazz Vila de Foz, na Mariña luguesa, no cal foron premiados. Tamén no 2015 foron galardoados nos II Premios Galegos da Música Martín Códax, na categoría de Blues, Funk e Soul.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda Canle da banda en Youtube
Categoría:Grupos musicais de Lugo