Hazas de Cesto é un concello e localidade da comunidade autónoma de Cantabria, España, na Comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Meruelo e Escalante, polo leste con Bárcena de Cicero e Voto, polo sur con Solórzano e polo oeste con Ribamontán al Monte.

O municipio está atravesado polo río Campiazo, a autovía A-8, a estrada nacional N-634 e a liña de FEVE Santander-Bilbao.

Localidades

Beranga (Capital). Hazas de Cesto. PravesPraves.

Historia

As primeiras noticias documentadas sobre Hazas de Cesto atópanse no Cartulario de Santa María del Puerto (Santoña) e datan de 1213. O Becerro de las Behetrías, de 1351, sitúana baixo a dependencia da casa de Solórzano.

Posteriormente, no Catastro do Maqués de Ensenada, realizado en 1753, indícase que é de reguengo.

Núcleo de poboación

Hazas de Cesto é tamén unha localidade do municipio. No 2008 tiña unha poboación de 429 habitantes (INE). Está situado a unha altitude de 65 metros sobre o nivel do mar, e a 2 quilómetros da capital municipal, Beranga. Nesta localidade naceu Juan Ignacio Solana de la Escallada (1920–1987), relixioso.

Patrimonio Deste municipio destaca o Edificio de “Los Corros”, en Beranga, ben inventariado.

Demografía

Administración As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e 2007. Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 241 25,64 % 2 PSOE 234 24,89 % 2 CCII 181 19,26 % 2 Ucn 177 18,83 % 2 PRC 97 10,32 % 1

Alcalde electo: José María Ruiz Gómez (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 386 40,63 % 4 PP 239 25,16 % 2 CCII 186 18,58 % 2 PSOE 129 13,58 % 1

Alcalde electo: José María Ruiz Gómez (PRC).

Véxase tamén

Bibliografía Mazarrasa Mowinckel, Karen: Catálogo monumental de los ayuntamientos de Hazas de Cesto y Solórzano. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 1999. Vierna, Fernando de: "Respuestas Generales de Hazas de Cesto al Catastro del Marqués de la Ensenada", en "Altamira" nº 65. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 2005.

Categoría:Concellos de Cantabria