O Avtomobilist Ekaterinbourg (en ruso Автомобилист Екатеринбург) é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Ekaterinburgo, Óblast de Sverdlovsk (Rusia). Foi fundado no 2006 e actualmente, e dende o 2009 compite na División Kharlamov da Kontinental Hockey League (KHL).

Historia O club foi fundado no 2006, substituíndo ao Dynamo-Energiya Ekaterinburg. No 2008 finalizou na segunda posición da Vyschaïa Hokkeïnaïa Liga, a segunda categoría do hóckey sobre xeo ruso. A pesar de ter sido elixido anteriormente para disputar a KHL, foi suspendido en xullo por falla de garantías financeiras. O seu substituto, o Khimik Voskressensk, gañador da Vyschaïa Liga pasou a disputar a KHL no seu lugar na tempada 2008-09. Un ano despois pasou a formar parte da KHL.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Avtomobilist Ekaterinburg

Avtomobilist Avtomobilist