Piho Rua, nado o 15 de novembro de 1954 en Rakahanga, é un político das Illas Cook.
Traxectoria Rua serviu como oficial de policía durante vinte anos antes de se converter no xefe executivo da oficina do primeiro ministro, posto no que recibiu críticas por avogar polo control dos medios de comunicación para evitar novas críticas co goberno. Tamén foi controvertido o seu nomeamento como superintendente de policía a pesar de deixar a policía había anos.
Entrou no Parlamento das Illas Cook en 2004 pola circunscrición de Rakahanga vencendo ao antigo primeiro ministro Pupuke Robati. Apoiou a Jim Marurai como primeiro ministro e entrou no gabinete como ministro de Cultura, Turismo e Comisión de Servizo Público.
En maio de 2005 Rua tivo que deixar o goberno polas críticas doutros membros do gabinete., e unha auditoria dos gastos do seu ministerio revelou que gastara 4500 dólares en chamadas nos seus meses no posto, diante o cal Rua concordou en devolver os cartos. En setembro de 2010 anunciou a súa retirada da política.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Profile at Cook Islands Parliament.
Categoría:Policías Categoría:Ministros das Illas Cook