Al Sears, nado en Macomb (Illinois) o 22 de febreiro de 1910 e finado en Nova York o 23 de marzo de 1990, foi un saxofonista e compositor de jazz.

Traxectoria Debutou en 1927, entrando moi pronto a traballar na big band de Chick Webb (1928-1930). A comezos dos anos 1930, dirixiu diversos pequenos combos, aínda que abandonou a música durante un tempo. Xa na década de 1940, volverá á escena, con Andy Kirk e Lionel Hampton, así como á fronte dunha banda que incluía a Lester Young. En 1944 entra na orquestra de Duke Ellington, substituíndo a Ben Webster, permanecendo con el até 1949, cando realiza varias gravacións canda Johnny Hodges. Xa nos anos 1950, tocará en bandas de rhythm and blues e dirixirá unha empresa de edicións musicais, xunto a Budd Johnson.

Véxase tamén Ligazóns externas Right Now Right Now, vídeo da Big Al Sears Band

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Saxofonistas dos Estados Unidos de América