miniatura|200px|dereita|Gustav Klimt, Muller sentada de coxas abertas, 1913.

Chámase resposta sexual humana ó conxunto de cambios psicofisiolóxicos que se producen no corpo humano ante un estímulo sexual, sexa cal for a fonte de desexo ou de excitación. Estes cambios prodúcense en calquera tipo de relación sexual e en calquera conduta sexual, e poden terminar en orgasmo ou non. No ámbito fisiolóxico, os cambios máis significativos que experimenta o corpo son :

Afluencia de sangue ós vasos sanguíneos: as veas dilátanse e énchense de sangue (vasoconxestión), o cal provoca que o pene e o clítoris se poñan erectos. Aumento da tensión muscular (miotonía), o cal posibilita a súa posterior relaxación durante o orgasmo).

Estas dúas reaccións do organismo son as que producen as sensacións de calor, excitación, axitación ou rubor nas relacións sexuais.

Etapas das relación sexuais miniatura|200px|dereita|Otto Mueller, Stehendes Liebespaar, 1919. miniatura|200px|dereita|Leonardo da Vinci, Coito dun home e unha muller seccionados, 1492. miniatura|200px|dereita|Gian Lorenzo Bernini, Trasfigurazione di santa Teresa, 1652.

De xeito esquemático, dentro da resposta tipo de todo individuo fronte ás relacións sexuais, definíronse catro etapas:

Desexo É o impulso consistente en sentirse atraído por outras persoas, motivado a buscar contactos sexuais ou receptivo a sentir esas sensacións. O desexo sexual está influído polo noso modo de pensar, polo noso estado de ánimo, por factores orgánicos, hormonais ou químicos, e varía de intensidade ó longo da vida.

Excitación É a cantidade de impulso sexual que podemos acadar durante as relacións sexuais. Pode ter diversas orixes e diferentes duracións, e varía moito dunha persoa a outra. Durante esta fase experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos que se deben ó aumento da tensión muscular e á vasoconxestión. Nas mulleres estes cambios son os seguintes:

Lubricación vaxinal. As paredes da vaxina ceden. O clítoris aumenta de tamaño e ponse erecto. Os labios menores inflámanse e conxestiónanse. Os labios maiores sepáranse e cambian de cor. Os seos aumentan de tamaño e as mamilas póñense erectas.

No home son os seguintes:

O pene entra en erección. Os testículos elévanse e aumentan de tamaño. As glándulas de Cowper segregan un líquido acuoso que sae pola uretra. As mamilas póñense erectas.

Meseta Fase na que a excitación acada o máximo nivel, intensifícanse os cambios producidos durante a fase de excitación. O corpo prepárase para a chegada do orgasmo.

Orgasmo

Durante esta fase o nivel de excitación chega ó máximo, libérase toda a tensión acumulada e experiméntanse sensacións moi pracenteiras.

O orgasmo é a fase que menos tempo dura (entre 3 e 10 segundos), e varía moito dunha persoa a outra. A vivencia é moi semellante para homes e para mulleres. Así, o orgasmo feminino iníciase cunhas contraccións rítmicas dos músculos que rodean a vaxina, o útero e o ano, que producen unha sensación agradable e intensa que se estende a todo o corpo. Se a estimulación continúa, a muller pode experimentar máis dun orgasmo consecutivo. O orgasmo masculino é moito máis estereotipado que o feminino e adoita rematar en exaculación. A exaculación sucede en dúas fases:

Emisión: o seme transpórtase á parte posterior da uretra; coñécese tamén como "punto de non retorno", ou momento a partir do cal xa non é posible deter a exaculación. Exaculación: contraccións rítmicas da próstata, do corpo do pene e dos músculos de arredor, que fan que o seme saia ó exterior e xeran as sensacións pracenteiras que constitúen o orgasmo.

O tempo que precisa un home para poder volver a ter outro orgasmo chámase período refractario, e é o necesario para que o seu organismo se recupere. Varía dunhas persoas a outras, dunha situación a outra, e coa idade este tempo aumenta. A duración del período refractario está relacionada coa idade, a novidade da situación, a continuidade da estimulación, o tempo transcorrido, o número de exaculacións previas etc. As mulleres carecen, no plano fisiolóxico, de período refractario .

Resolución Todos os cambios corporais experimentados van revertendo pouco a pouco, volvendo á posición de repouso. A persoa experimente unha relaxación mental e corporal moi profundas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relación sexual humana

Categoría:Sexualidade humana Categoría:Sexo