Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.
Traxectoria Estudou na escola de cine de Copenhaguen. En 1981 e 1982, aínda como estudante, gañou varios premios no Festival de Cine de Múnic. A súa primeira película foi The Element of Crime (1984), que acadou un premio polo seu logro técnico no Festival de Cine de Cannes. Esta película é a primeira da triloxía europea, continuada por Epidemic (1987) e Europa (1991), unha comedia negra localizada en Alemaña na posguerra da segunda guerra mundial.
Fundou xunto a Thomas Vinterberg o movemento Dogma 95, valorando retomar historias máis cribles na industria do cinema, afastándose dos efectos especiais e facendo un uso técnico mínimo.
Perfil polémico En 2010, no Festival de Cannes, autoproclamouse o mellor realizador de cinema do momento. Un ano despois, o 19 de maio de 2011, o Festival de Cannes declarou o cineasta persona non grata, coa conseguinte expulsión do festival.
A polémica desatouse tras uns comentarios vertidos por Trier:
As declaracións fíxoas á mañá e esa mesma tarde emitiu un comunicado público no que pedía desculpas:
Ó día seguinte foi expulsado do festival.
Filmografía Ochidégartneren (1977) Menthe – la bienheureuse (1979) Nocturne (1980 – 1981) Den Sidste Detalje (1981) Befrielsesbilleder (1982) Forbrydelsens Element (1984) Epidemic (1988) Medea (1988, TV) Europa (1991) Riget (1994, miniserie de televisión) Breaking the Waves (1996; primeira parte da triloxía Golden Heart) Riget II (1997; miniserie de televisión) Idioterne (1998; segunda parte da triloxía Golden Heart) D-dag (2000; televisión) D-dag – Lise (2000; televisión) Dancer in the Dark (2000; terceira parte da triloxía Golden Heart) D-dag – Den færdige film (2001; televisión) Dogville (2003; primeira parte da triloxía USA) De fem benspænd (segmento "The Perfect Human: Avedøre, Denmark"; 2003) Manderlay (2005; segunda parte da triloxía USA) Direktøren for det hele (2007) Antichrist (2009) Wasington (2011; terceira parte da triloxía USA) Melancholia (2011) Nymphomaniac (2013)
Notas
Categoría:Directores de cinema de Dinamarca Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Nados en 1956