Tamaiti Vai Peua, nado o 10 de decembro de 1950 en Rarotonga, é un político das Illas Cook.

Traxectoria Peua é orixinario da illa de Pukapuka, onde comezou os seus estudos, traballou para a administración pública. En 2006 comezou a súa carreira política presentándose para o Parlamento pola circunscrición de Pukapuka-Nassau coa etiqueta do Partido das Illas Cook, aínda que en 2007 deixou o partido declarándose independente.

En agosto de 2010 o Partido das Illas Cook non o seleccionou como candidato para as eleccións dese ano polo que buscou presentar a súa candidatura como demócrata, pero finalmente foi como independente, perdendo o escano.

Notas

Ligazóns externas Perfil no Parlamento das Illas Cook

Categoría:Políticos das Illas Cook