José Antonio Vilariño Bruzos, nado na Coruña o 16 de xaneiro de 1952 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 2020, foi un futbolista galego, coñecido como Piño. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Formouse como futbolista no Club Unión Sportiva e aos 16 anos fichouno o Deportivo da Coruña. Xogou catro tempadas no filial branquiazul, xogando 105 partidos oficiais, a maioría en Terceira División, e marcando 26 goles, ao mesmo tempo que traballaba como mandadeiro do Deportivo.
Na tempada 1972/73 deu o salto ao primeiro equipo, adestrado por Arsenio Iglesias, debutando en Primeira División o 6 de maio de 1973 fronte ao Sporting de Gijón no Molinón. Xogou catro tempadas máis no club coruñés, unha delas en Segunda División B, ata que en agosto de 1977 foi traspasado ao Salamanca. Co equipo salmantino só xogou un partido e en abril de 1979 fichou polo Real Valladolid.
Tras a súa retirada foi moi activo na asociación de veteranos do Deportivo.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Real Valladolid