Manuel Jabois Sueiro, nado en Sanxenxo o 30 de xullo de 1978, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Manuel Jabois na Casa das Campás de Pontevedra
Procedente dunha familia vinculada ao negocio hostaleiro e turístico, Manuel Jabois estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Comezou varias carreiras -Dereito, Filoloxía, Filosofía, Historia- sen rematar ningunha, polo que é un claro exemplo de autodidactismo. Mais a finais de 1998, iniciou a súa relación co xornalismo, mentres estudaba Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como correspondente do Diario de Pontevedra na súa localidade.
Estilo Xa desde novo caracterizouse por un estilo irónico, un tanto despegado da realidade política, cunha mirada escéptica non exenta dun agudo sentido do humor, e no que nalgunha ocasión citou como referentes a Arcadi Espada ou Emmanuel Carrère. Recoñece as influencias de Scott Fitzgerald, Hemingway, John Dos Passos, Fernández Flórez, Julio Camba ou Álvaro Cunqueiro. Eloxiou a figuras como Chesterton, Óscar Wilde, Woody Allen, Fernando Savater, Elvira Lindo, Rosalía de Castro ou ao tamén ao autodidacto Francisco Umbral; deste último afirmou que Leyenda del César Visionario, La noche que llegué al Café Gijón e Memorias de un niño de derechas eran tres monumentos á lingua. Con todo, mostrouse crítico con Fernando Sánchez Dragó e confesou curarse das lecturas de Paulo Coelho, “terapeuta de famosos” segundo el, grazas a Charles Bukowski.
Traballo Ten colaborado cos xornais El Progreso, De luns a venres, Diario de Pontevedra (1998-2013), a revista de humor Retranca, o diario El Mundo, (2013-2015, a onde chegara da man do seu director, Pedro J. Ramírez). En xaneiro de 2015 pasou a escribir no diario El País. Tamén colaborou na cadea de radio Onda Cero (2013-2016), no magazine cultural dixital Jot Down (2011-2012), e na Cadena SER en Hoy por Hoy (con Pepa Bueno); e en televisión en LaSexta. Como xornalista autodidacta sempre sentiu profundo respecto cara á profesión e unha sa obsesión pola gramática e o bo uso do idioma.
Obra En 2008 apareceu a súa primeira novela, en galego, A estación violenta. En 2011 publicou, na editorial Pepitas de calabaza, Irse a Madrid y otras columnas, unha recompilación de artigos publicados no Diario de Pontevedra, El Progreso e a revista dixital FronteraD, recibido con boas críticas. En abril de 2012 publicou un breve ensaio de carácter autobiográfico sobre fútbol, Grupo Salvaje. En 2013 publicou Manu, novela en castelán. En 2016 publicou Nos vemos en esta vida o en la otra, unha reportaxe novelada sobre O Gitanillo, o único menor implicado na trama dos atentados do 11 de marzo de 2004. En maio de 2019 saíu a súa novela en castelán Malaherba.
Declaracións En moitas ocasións sinaláronlle o seu parecido físico co cantautor Quique González. Nunha entrevista no número 222 de GQ, ademais de recalcar a súa total ausencia de sectarismo e de sentirse privilexiado pola positiva impresión que adoita suscitar entre o público e os seus lectores, recoñeceu, orgulloso do seu pelo, tomar Propecia de maneira preventiva para tentar evitar unha temperá alopecia e mostrouse totalmente sen prexuízos e sen tabús en calquera ámbito, incluído o sexual, afirmando que lle gusta experimentar.
Afirmou nun dos seus artigos que "Un mundo sen Deus sería un mundo obxectivamente mellor. Sería, para empezar, un mundo sen coartadas. Tanto para facer o mal como para facer o ben". Mostrouse partidario do aborto e defendeu a Rita Maestre preguntándose que facía Deus (tendo unha capela) na Universidade considerando que a condena social por parte dalgúns sectores conservadores cara a Maestre debeuse non á súa actuación na devandita capela, senón a ser a portavoz no Concello de Madrid sendo, por tanto, un intento dos sectores dereitistas de desgastar o goberno municipal liderado por Manuela Carmena.
En Zenda falou do seu nexo coa Xeración perdida, das súas orixes e, respecto das súas posicións políticas mostrou o seu ideario progresista manifestando ter absoluta liberdade sempre para defender as súas ideas:
É tamén coñecido por ser o autor da letra da canción que o Real Madrid lanzou en maio de 2014 para conmemorar a obtención da Décima Copa de Europa. O 21 de outubro de 2016 Íñigo F. Lomana escribiu un artigo no que criticaba a articulistas como Manuel Jabois, Arturo Pérez Reverte, Antonio Lucas ou Juan Tallón por practicaren o estilo cipotudo, "que vive dacabalo entre a taberna e a biblioteca e desenvolveu un mecanismo expresivo que combina virís coloquialismos cunha pirotecnia lírica" etiquetándoos como "neocolumnismo de extremo centro". Anos atrás xa fora sinalada esa equidistancia, froito do seu carácter independente, por autores como Ernesto Castro, quen, aludindo ao “carácter anfibio de Jabois" reflectía "esa capacidade de cultivar seguidores tanto en FAES como en Lavapiés, [que] pode ilustrarse mencionando simplemente quen edita os seus textos”.
Obras En galego
A estación violenta (2008). Ed. Morgante. ISBN 978-84-936460-1-1. (Novela sobre a que se realizou a película tamén titulada A estación violenta.)
En castelán
Irse a Madrid (2011). Pepitas de Calabaza. ISBN 978-84-938349-5-1, 4ª edición, 2016. Artigos. Grupo salvaje (2012). Ed. Libros del KO. 63 páxs. ISBN 978-84-939336-5-4. Manu (2013). Pepitas de Calabaza. 128 páxs. ISBN 978-84-15862-04-8. (Novela) Nos vemos en esta vida o en la otra (2016). Planeta. 240 páxs. ISBN 9788408147510. (Sobre o 11-M) Malaherba (2019). Alfaguara. ISBN 9788420438375 (Novela). miniatura|Presentación de Miss Marte na Libraría Paz de Pontevedra. Con Adrián Rodríguez Miss Marte (2021). Alfaguara. ISBN 978-84-204-5432-0 (novela). Hay más cuernos en un buenas noches (2022). Pepitas de Calabaza. 416 páxs. ISBN 9788418998089. Textos breves publicados despois de Irse a Madrid (2011). Mirafiori (2023). Alfaguara. ISBN 978-84-204-6143-4 (novela).
Premios
2003: XXIV Premio de xornalismo Julio Camba por "Man de Camelle". 2013: XIX Premio Literario Bodegas Olarra & Café Bretón por Manu. 2022: Premio de xornalismo Puro Cora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Apuntamentos en sucio de Manuel Jabois Blog de Manuel Jabois en Frontera D Artigos de Manuel Jabois en El País Festival Eñe 2014: Manuel Jabois y Manuel Rivas cara a cara. YouTube.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Sanxenxo Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela