O acueduto de Lugo foi un acueduto romano, a entrada de auga a Lucus Augusti. Hoxe soamente se conservan unhas poucas ruínas.

Características Lugo contaba, debido ao seu carácter de núcleo urbano, cunha traída de auga de certa entidade. Sábese da existencia dun acueduto que ía dende o barrio de Pías e o Castiñeiro (a uns 1,5 quilómetros ao noroeste da antiga cidade) até o recinto urbano. Aínda que non se sabe con exactitude a data de construción desta obra hidráulica, sábese que arredor do século III (cando se construíu a Muralla) debía estar rematado xa que a atravesaba á altura da actual porta de San Fernando.

Foi arranxado a mediados do século XVIII polo bispo Izquierdo e demolido na súa totalidade en 1947.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia de Lugo

Ligazóns externas Lvcvs Avgusti. El Acueducto.

Categoría:Historia de Lugo Categoría:Arquitectura civil en Lugo Categoría:Lugo sen imaxes Categoría:Acuedutos romanos Categoría:Edificacións da Roma Antiga en Galicia