Bengo é unha das 18 provincias de Angola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade de Caxito, no municipio de Dande, é a capital provincial.
Xeografía Atópase rodeando Luanda, situada a setenta quilómetros de Caxito. Limita coas provincias de Zaire polo norte, Uige polo nordeste, Cuanza Norte polo leste e Cuanza Sul polo sur.
Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, o Longa e o Kwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura no océano Atlántico. A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo. É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.
O clima é de tipo tropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).
As cidades máis importantes son: Cabo Ledo, Lagoa de Panguila, Porto Kipiri e Funda.
Demografía A provincia contaba con 166.000 habitantes en 1991, estimándose para o 2006 de 460.508 persoas.Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola.
Municipios Posúe cinco concellos.
Municipio Capital Área (km²) Pop. (2006 est) Ambriz Ambriz 4,204 16,611 Dande Caxito 6,529 82,992 Ícolo e Bengo Catete 3,819 58,830 Nambuangongo Muxaluando 5,604 110,831 Quiçama Muxima 12,046 29,905
Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo: Bula-Atumba, Dembos, e Pango-Aluquém.
Comunas Componse das seguintes comunas:
Ambriz Barra do Dande Bela Vista Bom Jesus Bula-Atumba Calomboloca Catete Caxito
Dembo Chio Gombe Kabiri Kage Kanacassala Kazua Kiaje Kibaxe
Kicunzo Kikabo Kixico Kixinje Mabubas Mumbondo Muxiluando Muxima
Pango-Aluquem Paredes Piri São José das Matas Tabi Ucua Zala
Economía miniatura|300px|Bengo. A principal actividade económica é a agricultura, centrándose no cultivo de café, algodón, iuca, palmeiras, cítricos, bananas e hortalizas. Tamén traballan a madeira, e realizan labores de pesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar con bambú, madeira, pau preto, bordados.
Tamén hai minería que extrae xofre, xemas, fosfatos, calcarios e cuarzo.
Outro importante motor é a pesca deportiva e a caza.
Linguas Ademais do portugués, nesta provincia fálase o congo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Info-Angola
Categoría:Provincias de Angola