Cínicas é unha obra de teatro escrita por Teresa Moure en 2010. Foi editada dentro da colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, da Universidade da Coruña. A obra publicouse antes de ser representada. Vai precedida dun breve prólogo de Carlos Paulo Martínez Pereiro. Trama Está dividida en tres actos. O primeiro é un monólogo da personaxe principal, Sara Fortes, unha señora que padece síndrome de Dióxenes. No segundo acto interveñen tamén un celador, un soldado ateniense e o filósofo cínico Dióxenes, que nesta peza é unha muller. O terceiro acto complétase coa presenza dunha artista e dunha representación da señora cando nova. O escenario da obra representa o piso cheo de lixo e refugallo da señoraMOURE, T. (2010): Cínicas. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, p. 16..
A obra conta as últimas horas na súa vivenda de Sara, unha muller que padece a síndrome de Dióxenes, e a quen os asistentes sociais do concello pretenden trasladar a unha residencia. O inmoble, cuberto polo lixo e en ruína, atópase no número 3 da rúa LiberdadeMOURE, T. (2010): Cínicas. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, p. 43.. O encontro coa filósofa (muller) Dióxenes fai que se estableza un debate sobre a liberdade dos individuos. No terceiro acto, unha proxección de Sara no pasado, ante o estado de decadencia e sucidade en que se atopa a súa continuadora, opta por suicidarse. Finalmente, e grazas á actuación dunha artista que chega alí por azar, buscando o seu amante co que ten unha cita anual, entre as tres mulleres plántanlle lume á casa para fuxir así, de forma definitiva, dos servizos sociais municipais.
Outros datos Na obra menciónase o traballo artístico de Marina Abramović como guieiro para a escenografía
Notas
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 2010 Categoría:Teresa Moure