Jesús Fidel Fernández Bello, máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador, empresario e político galego.
Traxectoria É titulado en Dereito, Procurador dos Tribunais, Experto universitario en Bioética e Biodereito (UNED) e Mediador Civil e Mercantil, Social e Comunitario. Vinculouse desde moi novo ao mundo da comunicación. Primeiro na Cadena SER en Madrid (1974), e máis tarde xa en Radio Lugo (1979). A mediados da década dos 80, presentou o magazine Telegalicia, en TVE. Tamén traballou en TVE Internacional, co espazo Mar a Mar (1990).
A estadía en TVE foi paralela á súa presenza en RNE-4, co magazine Hoxe en Día. En 1991 promoveu as emisoras de Radio Principal en Monforte de Lemos e Vilalba, actualmente vinculadas á SER. Catro anos despois fundou TV7 Sur, televisión con cobertura no sur da provincia de Lugo.
Xa na década de 1990, presentou varios programas na TVG, como Viva o Domingo, Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade ou Cousa Cousiña.
Vida política Foi militante do PSOE na clandestinidade e fixo campaña por este partido en Cuenca en 1977, xunto con Virgilio Zapatero, quen chegaría a ser ministro entre 1986 e 1993. Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi suplente ao Senado nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia.
Distincións Premio Anduriña polo programa Galeguidade (1995) Premio TP ao mellor programa por Arestora (1989) Premio TP español á creatividade pola mascota Pupo de Arestora (1989) Premio TP ao mellor presentador galego de televisión (1988 e 1989) Premio Tertulia de RNE ao mellor programa de televisión por Telegalicia (1987)
Vida privada É irmán do poeta, editor e político Miguel Anxo Fernán Vello. O seu fillo Telmo Fernández Hevia (m. 2023) foi un músico de jazz.
Notas
Categoría:Xornalistas de Cospeito Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Presentadores de Televisión Española Categoría:Xornalistas radiofónicos da Cadena SER