Reductio ad Hitlerum, tamén coñecida como argumentum ad Hitlerum, reductio (ou argumentum) ad Nazium – para "redución (ou argumento) a Hitler (ou aos nazis)" – é unha moderna lóxica falacia. A expresión reductio ad Hitlerum foi creada polo filósofo político Leo Strauss, en 1950. A adopción desta falacia tamén é coñecida pola tradución inglesa de xogando a baza dos nazis.
A falacia xeralmente asume a seguinte forma: "Se Hitler (ou os nazis) apoiaban X, daquela X debe ser malo ou indesexábel". O argumento ten un forte peso emocional e retórico, xa que en moitas culturas calquera relación con Hitler ou cos nazis é automaticamente condenada. A táctica é moitas veces utilizada para descualificar argumentos ou mesmo se emprega cando non hai máis argumentos, e tende a producir efectos máis agresivos que racionais nas respostas, desviando o foco do opoñente. Un subtipo desta falacia é comparar as intencións dun opoñente co Holocausto. Outras variantes inclúen comparación coa Gestapo (a policía secreta nazi), fascismo, totalitarismo e até mais vagamente co terrorismo.
Uha variante invertida da falacia pode asumir a seguinte forma: "Hitler foi contra X, por tanto X debe ser bo."
Historia do termo A expresión reductio ad Hitlerum apareceu por vez primeira no libro Dereito Natural e Historia, do profesor da Universidade de Chicago Leo Strauss:
Na secuencia deste movemento en dirección ao seu fin nós inevitabelmente deberemos alcanzar un punto alén do que a escena é escurecida pola sombra de Hitler. Infelizmente, isto non será feito sen dicir que, na nosa análise, é preciso evitar a falacia que nas últimas décadas foi frecuentemente utilizada en substitución á reductio ad absurdum: a reductio ad Hitlerum. Unha opinión non é refutada polo feito de ocorrer que ela fose compartida por Hitler.
A expresión foi derivada do argumento lóxico denominado reductio ad absurdum. A variante de argumentum presta a súa forma do nome de varias falacias clásicas, como o argumentum ad hominem.
Uso na cultura popular O uso frecuente dese tipo de comparación durante discusión na época da Usenet levou á formulación dun proverbio titulado Lei de Godwin, cuñado por Mike Godwin en 1990, que postula que as analoxías que citan Hitler e os nazis teñen cada vez máis probabilidades de ser utilizadas canto maior é o tempo de discusión en liña.
O concepto da reductio ad Hitlerum é frecuentemente explorado nos medios de comunicación e por personaxes públicos. Exemplos:
No episodio de South Park Chef Goes Nanners, a cidade quere mudar a súa bandeira, que é racista. Ned e Jimbo convencen o grupo local da Ku Klux Klan para posicionarse contra a bandeira da cidade coa esperanza de que os cidadáns invertan a súa posición de non apoiar todo o que o KKK apoia. O alcalde de Valladolid, Francisco Javier León de la Riva, destacou ante a posibilidade de denunciar as persoas que incumprisen a Lei antitabaco, que "así empezaron cousas moi terribles na historia da humanidade, con denuncias duns a outros, primeiro buscaban aos xudeus, aquí denunciamos os fumadores".
Notas
Categoría:Falacias Categoría:Locucións latinas