Aristóteles de Estaxira (en grego antigo, Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a. C. e finado no ano 322 a. C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.
Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francés Pasteur postulou a lei da bioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores como Descartes, Bacon ou Newton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores como Eudoxo durante os vinte anos que estivo na Academia de Atenas. Pouco despois da morte de Platón, Aristóteles abandonou Atenas para ser o mestre de Alexandre o Grande no Reino de Macedonia durante case 5 anos. Na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte.
Aristóteles escribiu preto de 200 obras, das cales só se conservaron 31 (ningunha delas destinada á publicación) no Corpus Aristotelicum sobre unha enorme variedade de temas, entre eles: lóxica, metafísica, filosofía da ciencia, ética, filosofía política, estética, retórica, física, astronomía e bioloxía. Aristóteles transformou moitas, se non todas, as áreas do coñecemento que abordou. É recoñecido como o pai fundador da lóxica e da bioloxía, pois aínda que existen reflexións e escritos previos sobre ambas as materias, é no traballo de Aristóteles onde se atopan as primeiras investigacións sistemáticas respecto diso.Véxase a sección «Lóxica» en Véase la introducción a Aristóteles tamén foi chamado o pai da ciencia política, zooloxía, embrioloxía, lei natural, método científico, retórica, psicoloxía, realismo, crítica, individualismo, teleoloxía e da meteoroloxía.*"el padre de la lógica": Wentzel Van Huyssteen, Encyclopedia of Science and Religion: A-I, p 27 "el padre de la biología": S. C. Datt, S. B. Srivastava, Science and society, p 93. () "el padre de la ciencia política": N. Jayapalan, Aristotle, p 12., Jonathan Wolff, Lectures on the History of Moral and Political Philosophy, p 48. el "padre de la zoología": Josef Rudolf Winkler, A Book of Beetles, p 12 "el padre de la embriología": D.R. Khanna, Text Book Of Embryology, p 2 "el padre de la ley natural": "el padre del método científico": , Riccardo Pozzo (2004) The impact of Aristotelianism on modern philosophy. CUA Press. p. 41. "el padre de la retórica": , Bizzell, P. and Bruce Herzberg. (2000). The Rhetorical Tradition: Readings from Classical Times to the Present. NY: Bedford/St. Martin's. p. 3. "el padre de la psicología": Margot Esther Borden, Psychology in the Light of the East, p 4 "el padre del realismo":Russell L. Hamm, Philosophy and Education: Alternatives in Theory and Practice, p 58 "el padre de la crítica":Nagendra Prasad, Personal Bias in Literary Criticism: Dr.Johnson, Matthew Arnold, T.S. Eliot, p 70. Lord Henry Home Kames, Elements of Criticism, p 237. "el padre de la meteorología": "el padre del individualismo":Allan Gotthelf, Gregory Salmieri, A Companion to Ayn Rand, p 325. "el padre de la teleología":Malcolm Owen Slavin, Daniel H. Kriegman, The Adaptive Design of the Human Psyche: Psychoanalysis, Evolutionary Biology, and the Therapeutic Process, p 292.
Traxectoria miniatura|esquerda|200px|Alexandre o Grande e Aristóteles nunha ilustración francesa do século XIX. Aristóteles naceu en Estaxira, unha colonia de Andros e de lingua grega, na Calcídica, territorio macedónico. Era fillo de Nicómaco, amigo e médico persoal do rei macedonio Amintas II, pai de Filipo II de Macedonia e avó de Alexandre o Grande. É probable que o interese de Aristóteles pola bioloxía e fisioloxía fose produto da actividade médica exercida polo seu pai.
Cando tiña dezaseis ou dezasete anos partiu cara a Atenas, o maior centro intelectual e artístico de Grecia. Como moitos outros mozos do seu tempo, Aristóteles foi para aquela cidade co obxectivo de proseguir os seus estudos. Dúas grandes institucións disputaban a preferencia da xente nova: por unha banda estaba a escola de Isócrates, que preparaba o alumno para a vida política e, doutro lado, estaba Platón e a súa Academia, que daba preferencia á ciencia (episteme) como fundamento da realidade. Malia o aviso de que quen non coñecese xeometría alí non debería entrar, Aristóteles decidiuse pola Academia platónica e nela permaneceu ata 347 a. C., ano en que morreu Platón.
Coa morte do seu gran mestre e coa escolla do sobriño de Platón, Espeusipo, para a presidencia da Academia, Aristóteles partiu para Asos con algúns exalumnos da Academia. Dúas parecen ser as causas desa partida. A primeira, é o feito de que Espeusipo representase unha tendencia interna que desagradaba inmensamente a Aristóteles, isto é, a matematización da filosofía. A segunda, é o feito de que Aristóteles se sentise marxinado (ou mesmo rexeitado), xa que cría ser o máis apto para asumir a dirección da Academia platónica.
miniatura|dereita|Aristóteles (coa man estendida cara ao chan e cunha Ética na man) e Platón pintados por Rafael (A Escola de Atenas, Vaticano).
En Asos, Aristóteles fundou un pequeno círculo filosófico coa axuda de Hermias, tirano local e eventual oínte de Platón. Alí ficou por tres anos e casou con Pitias, sobriña de Hermias. Ao ser Hermias asasinado, Aristóteles partiu para Mitilene, na illa de Lesbos, onde realizou a maior parte das súas famosas investigacións biolóxicas. No ano 343 a. C. converteuse en preceptor de Alexandre, función que exerceu ata 336 a. C., cando Alexandre subiu ao trono.
Neste mesmo ano, de volta a Atenas, Aristóteles fundou o Liceo, e os seus alumnos coñecéronse como peripatéticos (os que pasean), nome ese que proviña do hábito de Aristóteles ensinar ao aire libre, moitas veces baixo as árbores que cercaban o Liceo. Ao contrario que a Academia de Platón, o Liceo privilexiaba as ciencias naturais. O propio Alexandre enviaba para o seu antigo mestre exemplares da fauna e flora das rexións conquistadas.
Aristóteles dirixiu a súa escola ata 323 a. C., pouco despois da morte de Alexandre. En vista diso, os sentimentos antimacedonios dos atenienses volvéranse contra Aristóteles. Sentíndose ameazado, deixou Atenas dicindo que non ía permitir que a cidade cometese un segundo crime contra a filosofía (alusión ao xuízo de Sócrates). Deixou a súa escola aos coidados do seu principal discípulo, Teofrasto (371 - 287 a. C.) e retirouse para Calcis, en Eubea, onde morreu ao ano seguinte.
O pensamento aristotélico A tradición representa un elemento vital para a comprensión da filosofía aristotélica. En certo sentido, Aristóteles vía o seu propio pensamento como o punto culminante do proceso desencadeado por Tales de Mileto. A súa filosofía pretendía non só examinar coidadosamente senón tamén corrixir as fallas e imperfeccións das filosofías anteriores. Ao mesmo tempo, abriu novos camiños para fundamentar as súas críticas, revisións e novas proposicións.
Precursor da Educación Infantil Os primeiros precedentes teórico-pedagóxicos remóntanse á Grecia Clásica, onde un dos precursores é Aristóteles. Para el, os sete anos indicaban o punto de comezo das aprendizaxes formais dando a entender, que os anos anteriores constituían un período previo á escolarización. En todo este período sinala que hai dúas etapas:
A primeira etapa(chamada primeira idade) que abarca desde os 3 ata os 5 anos. Nela indicou a necesidade dunha educación baseada no xogo, como actividade física necesaria. Esta educación sería recibida no seo da familia, considerando esta como o centro e a forza do ben.
A segunda etapa abarca desde os 5 ata os 7 anos. Neste período os nenos terían que asistir á escola para que eles preparasen as leccións e exercicios que deberían seguir posteriormente.
É dicir, suxire dous anos de preparación preescolar como actividade propedéutica ao ingreso na escola.
As catro causas Para Aristóteles, existían catro causas implicadas na existencia de algo:
A causa material (aquilo do cal se facía unha cousa, como a arxila, por exemplo). A causa formal (a cousa mesma, como un vaso de arxila). A causa motora (aquilo que daba orixe ao proceso en que a cousa xorde, como as mans de quen traballa a arxila, por exemplo). A causa final (aquilo para o cal se facía unha cousa, como enfeitar a sala e levar flores, por exemplo).
A teoría aristotélica sobre as causas estendíase sobre toda a Natureza, que era coma un artista que actuaba no interior das cousas.
Esencia e accidente Aristóteles distinguía, tamén, a esencia e os accidentes nunha cousa.
A esencia era algo sen o cal aquilo non podía ser o que era; era o que daba identidade a un ser, e sen a cal aquel ser non podía ser recoñecido como sendo el mesmo (por exemplo: un libro sen ningún tipo de letras non podía ser considerado un libro, pois o feito de ter letras era o que lle permitía ser identificado como "libro" e non como "caderno" ou simplemente "papel en branco").
O accidente era algo que podía ser inherente ou non ao ser. Mais, mesmo así, non se descaracterizaba ao ser pola súa falta (o tamaño dunha flor, por exemplo, era un accidente, pois unha flor grande non deixaría de ser flor por ser grande; a súa cor, tamén, pois, por máis que unha flor tivese que ter, necesariamente, algunha cor, aínda así tal característica non facía dunha flor o que ela era).
Potencia, acto e movemento Segundo Aristóteles, todas as cousas eran en potencia e acto. Unha cousa en potencia era unha cousa que tendía a ser outra, como unha semente (unha árbore en potencia). Unha cousa en acto era algo que xa estaba realizado, coma unha árbore (unha semente en acto). É interesante notar que todas as cousas, mesmo en acto, tamén eran en potencia (pois unha árbore (unha semente en acto) tamén era unha folla de papel ou unha mesa en potencia). A única cousa totalmente en acto era o Acto Puro, que Aristóteles identificaba co Ben. Ese Acto non era nada en potencia, nin era a realización de potencia ningunha. El era sempre igual a si mesmo, e non era un antecedente de cousa algunha. Dese concepto Tomé de Aquino derivou a súa noción de Deus. miniatura|dereita|Aristóteles, por Francesco Hayez, cadro gardado na Galleria dell'Accademia Un ser en potencia só podía tornarse un ser en acto mediante algún movemento. O movemento ía sempre da potencia ao acto, da privación á pose. Era por iso que o movemento podía ser definido como acto dun ser en potencia en canto está en potencia.
A alma O organismo, unha vez desenvolvido, recibía a forma que lle posibilitaría perfección maior, facendo pasar as súas potencias a acto. Esa forma era a alma. Ela facía que vexetasen, crecesen e se reproducisen os animais e plantas e tamén facía que os animais sentisen.
No home, a alma, alén das súas características vexetativas e sensitivas, había tamén a característica da intelixencia, que era capaz de aprender as esencias de modo independente da condición orgánica.
A felicidade