Eva Méndez Díaz, coñecida como Eva Méndez doRoxo, nada en Barcelona en 1978, é unha escritora en linguas galega e catalá.

Traxectoria É filla de emigrantes galegos de Navia de Suarna. É economista, pola Universidade de Barcelona, especializada en construción. Traballou nunha promotora en Barcelona.Perfil da autora, na páxina do IV certame de poesía erótica Illas Sisargas.

É unha artista multidisciplinar, autodidacta e con formación específica en Enquadernació pola Escola Massana e tamén cursou estudos artísticos na Llotja. Amais formouse e colaborou con varios artistas en Cataluña e Galiza.

Formou parte da compañía teatral Furafollas Agrupación Teatral, que fai montaxes teatrais en galego e catalán dende 1994 por toda Cataluña.

Participou na Setmana de Poesía de Barcelona con dous espectáculos poéticos na Galería La Xina Art.

Actualmente reside na Galiza.

Obra Embernallúas (Editorial Urutau 2019) As sete idades. Incomunidade (Portugal, 2008) Éroticas e Trazos de Muller (libro de artista de gravados e poemas)

Obras colectivas 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015), libro electrónico. Dez anos na Porta (Porta Verde) Munditações (Incomunidade) Manuel María. Libro Colectivo de Homenaxe (Deputación de Lugo, 2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Entrevista coa autora no xornal dixital Vieiros o 10 de xaneiro de 2008.

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes