Tine Bryld, nada en Frederiksberg o 18 de decembro de 1939 e finada o 21 de abril de 2011, foi unha traballadora social, escritora e personalidade da radio de Dinamarca.

Traxectoria A radio foi o medio no que acadou sona grazas ao programa Tværs, onde estivo de locutora respondendo pregunta dos ouvintes sobre sexualidade, amor e outras cuestións, durante 36 anos, até a súa xubilación no outono de 2008. Amais, é unha gran coñecedora da realidade groenlandesa así como da historia da comuna hippy en Copenhaguen chamada Christiania. Por outra banda, traballou dando respostas aos lectores da revista para mulleres Alt for Damerne.

Obra Pige Liv, 1982 Befri dit liv, 1983 Liv og Alexander, 1984 En rift i huden, 1986 Hvid som sne, 1988 Talkshow, 1990 De nederste i Herstedvester, 1992 Gadeliv, 1994 Smilende rygge - Ghana, 1994 Nora, 1995 Ikke en engel, 1997 Liv og Alexander 1-3, 1997 I den bedste mening, 1998 Hjemmestyrets børn - årgang '79, 2002 Tværs, 2002 Et par vamle gule underhylere - Når man kender voldtægtsmanden - Er det voldtægt? - Jeg skulle bare have sagt stop, 2004 I lyst og vold, 2004

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa