O Crociati Parma Rugby FC é un club de rugby das cidades de Parma e Noceto, Italia. Actualmente compite no Campionato di Eccellenza, a máxima categoría do rugby italiano e na Amlin Challenge Cup.

Historia O Crociati Parma foi fundado en xuño do 2010 pola fusión do Overmach Rugby Parma de do Noceto Rugby F.C..

A fusión fíxose necesaria logo da formación do Aironi para competir na Magners League na tempada 2010-11. Os dous clubs colaboraron na formación do Aironi. Cos mellores xogadores e patrocinadores concentrados no Aironi, os clubs non podían ter o apoio económico suficiente para competir individualmente contra equipos profeionais. Tamén pola creación do Aironi se viron envoltos no mesmo proceso de fusión o Gran Parma, o Rugby Viadana]] e o Ruby Colorno, que en xuño do 2010 se fusionaron para dar lugar ao outro equipo da cidade de Parma, o GranDucato Parma Rugby foi formado pola fusión de Gran Parma, Rugby Viadana e Rugby Colorno.

O Rugby Parma segue a manter as súas categorías inferiores independentes do Crociati ata os sub-20. Os xogadores de maior proxección serán incorporados á disciplina do Crociati cando teñan idade e posteriormente á disciplina do Aironi e á selección italiana.

Palmarés Tódolos títulos do club foron conseguidos polo Rugby Parma F.C. 1931 antes da fusión que deu lugar ao Crociati.

3 Ligas italianas: 1949-50, 1954-55, 1956-57 3 Copas de Italia: 2005-06, 2007-08, 2008-09 1 Supercopa: 2008

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rugby Parma F.C. 1931 Noceto Rugby F.C. Aironi Rugby Campionato di Eccellenza 2010-2011

Ligazóns externas Sitio web oficial

Crociati