A 51ª edición do Trofeo Teresa Herrera celebrouse na Coruña entre o 8 e o 10 de agosto de 1996. O campión foi o Botafogo. Con ocasión deste torneo inaugurouse a bancada de Pavillón do estadio de Riazor. O torneo reuniu na cidade herculina ademais do equipo local, o Deportivo da Coruña, o campión do Brasil, Botafogo, e os dous últimos campións de Europa, Ajax e Juventus.
Dita edición do trofeo é recordada pola anécdota ocorrida na final entre o Botafogo e a Juventus, na que o equipo brasileiro gañou o torneo xogando coa camisola do Deportivo. Ao saltar ao terreo de xogo para disputar a final e ante a semellanza dos equipamentos dos finalistas, nos dous casos de raias verticais brancas e negras, o árbitro obrigou os brasileiros a cambiar de camisolas. Estes viaxaran só co primeiro equipamento, polo que lle regalaron a súa roupa ao público e xogaron coas camisetas branquiazuis emprestadas polo Deportivo. Isto fixo que o público de Riazor animase o Botafogo, que tras empatar 4-4 nun intenso partido con catro cartóns vermellos, saíu finalmente campión na quenda de penaltis.
O deportivista Mauro Silva recibiu o premio ao mellor xogador to torneo.
Participantes Deportivo da Coruña9º na liga española 1995/96 BotafogoCampión da liga brasileira 1995 AjaxCampión das 3 últimas ligas dos Países Baixos, da Copa Intercontinental 1995 e subcampión da Liga de Campións 1995-96 JuventusSubcampión da liga italiana e campión da Liga de Campións 1995–96
Resultados
Partidos Primeira semifinal
Titulares: Kouba Paco Đukić Naybet Armando Mauro Silva Bonnissel Manjarín Martins Begiristain MadarSubstitucións: Viqueira Deus Alfredo Nando Maikel Adestrador: ToshackTitulares: Wágner Wilson Goiano Wilson Gottardo Grotto Jefferson Souza Otacílio Marcelo Alves Bentinho Sorato Túlio Maravilha Substitucións: França Mauricinho Alemão Zé Carlos Adestrador: Barreto
Segunda semifinal
Titulares: Van der Sar Mariano Juan Márcio Santos Scholten F. de Boer R. de Boer Louhenapessy Musampa Wooter Kluivert Van den BerghSubstitucións: Willems Litmanen Adestrador: Van GaalTitulares: Peruzzi Iuliano Ferrara Montero Pessotto Conte Zidane Deschamps Del Piero Bokšić Padovano Substitucións: Di Livio Amoruso Torricelli Adestrador: Lippi
Disputa polo 3º e 4º posto
Titulares: Songo'o Naybet Đukić Paco Armando Mauro Silva Viqueira Bonnissel Manjarín Martins MadarSubstitucións: Donato Deus Begiristain Adestrador: ToshackTitulares: Van der Sar Scholten F. de Boer Willems R. de Boer Mariano Juan Litmanen Musampa Wooter Kluivert Van den BerghSubstitucións: Louhenapessy Witschge Adestrador: Van Gaal
Final
Titulares: Peruzzi Porrini Ferrara Montero Torricelli Di Livio Jugović Deschamps Del Piero Vieri Padovano Substitucións: Ametrano Amoruso Bokšić Adestrador: LippiTitulares: Wágner Wilson Goiano Wilson Gottardo Grotto Jefferson Souza França Otacílio Marcelo Alves Sorato Túlio MaravilhaSubstitucións: Mauricinho Zé Carlos Marcos Aurélio Adestrador: Barreto
Goleadores GolesXogadorEquipo4 AmorusoJuventus3 Túlio MaravilhaBotafogo3 PadovanoJuventus1 BegiristainDeportivo1 Del PieroJuventus1 Di LivioJuventus1 FrançaBotafogo1 MadarDeportivo1 NaybetDeportivo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anuncio promocional do trofeo en Canal+ . Vídeo resumo da final en YouTube
Categoría:Fútbol en 1996 1996 Categoría:1996 en Galicia