miniatura|Autorretrato de Léon Bakst Lev Rosenberg, coñecido como Léon Bakst, nado en Hrodna en 1866 e finado en Rueil-Malmaison en 1924, foi un pintor escenógrafo ruso.

Traxectoria Naceu nunha familia xudía de clase media, estudou na Acadmia de Artes de San Petersburgo, ao tempo que traballaba como ilustrador de libros.

Con motivo da súa primeira exhibición (1889) utilizou o nome de Bakst baseado no apelido da familia da avoa materna, Baxter. Entre 1893 e 1897 viviu en París, á súa volta a Rusia formou parte do círculo de escritores e artistas formado por Sergei Diagilev e Alexandre Benois que daría orixe ao periódico Mir Iskusstvat (1899) e o movemento artístico que se agrupaba tras del, as ilustracións de Bakst para o xornal déronlle fama.

Dende comezos do século XX realiza retratos, pero sobre todo se dedica á escenografía, colaborando con Diagilev na montaxe de balets rusos.

Categoría:Pintores de Rusia Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Alumnos da Académie Julian