Wilkie Olaf Patua Rasmussen, nado o 21 de marzo de 1958 en Pernhyn, é un político das Illas Cook.

Traxectoria

Rasmussen estudou na Universidade de Auckland, logo de exercer como barrister e solicitor, foi o secretario do Gabinete das Illas Cook, e logo Alto Comisario en Nova Zelandia de 2000 a 2002. Entrou por vez primeira no Parlamento nas eleccións parciais para a circunscrición de Penrhyn celebradas en 2002 como membro do Partido das Illas Cook. Logo das eleccións de 2004 entrou no goberno de Jim Marurai en substitución de Piho Rua como ministro de Cultura e Turismo. e máis tarde asumiu a carteira de Asuntos Exteriores. Pouco antes das eleccións de 2006 deixou o seu partido e entrou a militar no Partido Demócrata, revalidando o seu escano nas eleccións sen oposición, foi deseguido elixido vicelíder dos demócratas en agosto de 2007, substituíndo a Tepure Tapaitau e foi ministro de Asuntos Exteriores, Inmigración, Recursos Mariños e Turismo ata o 28 de xullo de 2009 cando Marurai o cesou por deslealdade e o partido expulsouno o 25 de agosto de 2009, aínda que volveu ao gabinete en decembro de 2009 logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas, unha conferencia do partido en xuño de 2010 puxo fin á querela interna e nomeouno como o seu vicelíder.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento

Categoría:Ministros das Illas Cook