Felipe Gil Casares, nado en Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1877 e finado en Vilagarcía de Arousa o 3 de agosto de 1953, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do catedrático de Ciencias Ramón Gil Villanueva e neto do eminente químico Antonio Casares Rodríguez, amais de irmán do médico Miguel Gil Casares. Licenciouse en dereito e foi catedrático de dereito civil na Universidade de Santiago de Compostela.

O 25 de agosto de 1923, o alcalde de Santiago Vicente Goyanes Cedrón presentou a súa renuncia, argüíndo razóns de saúde e de acumulación de traballo na súa cátedra de MedicinaEl Eco de Santiago, 25-8-1923, p. 2.El Eco de Santiago, 27-8-1923, p. 1., sendo aceptada na sesión municipal do día 29El Eco de Santiago, 30-8-1923, p. 2.. A alcaldía asumiuna o concelleiro monterista e garcíaprietista Manuel Fuentes Rodríguez, que levaba todo o mes de agosto exercendo a alcaldía accidental. Por fin, o 13 de setembro produciuse a caída do Goberno do país de García Prieto tras o golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera. Era cuestión de tempo que en Santiago o mandato de Fuentes chegase á súa fin, e así sucedeu a tarde do 1 de outubro. Nas dependencias da alcaldía presentouse o Comandante Militar de Santiago e Coronel do Rexemento de Zaragoza nº 12, Julio Rodríguez Pérez, quen tras visitar o Pazo de Raxoi decidiu a destitución de todos os concelleiros, recibindo a autoridade militar o bastón de mandoEl Compostelano, 1-10-1923, p. 3.. A continuación convocou para esa mesma tarde a Xunta de Asociados co obxecto de proceder á elección de novos concelleiros. Unha vez reunidos, entre eles Gil Casares, o coronel deu lectura a un decreto en virtude do cal os membros da Xunta quedaban automaticamente convertidos en concelleiros. Procederon a continuación a votar ao alcalde, que resultou o propio Felipe Gil Casares por 20 votos a favor e un en brancoEl Compostelano, 2-10-1923, p. 1.. Desempeñou este posto ata xaneiro de 1924 e de novo de novembro de 1930 até o 12 de abril de 1931Ricardo Gurriarán Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940, p.282.

miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Logo de proclamarse a República entrou en Acción Popular, partido que entrou a formar parte da CEDA, coalición pola que saíu elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais españolas de 1933 e de 1936.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse ao comandante militar de Compostela, Bermúdez de Castro, con 30 mozos das JAP armados para ofrecer os seus servizos aos sublevados. O 17 de novembro de 1936 nomeárono reitor da USC, posto desde o que promoveu unha xuntanza de apoio aos sublevados entre os reitores da España franquista dirixida á comunidade internacionalJaume Claret Miranda El atroz desmoche: la destrucción de la universidad española por el franquismo 1936-1945, p. 109. Desde novembro de 1938 foi maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de España.

Vida persoal

Casou con Carmen Pérez Esteso e foi pai de Antonio, Rafael, José María, Mª de la Asunción. Miguel e Mª del Carmen Gil Pérez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos da CEDA Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela