Óscar de Souto, nado en Cabana de Bergantiños o 23 de setembro de 1980, é un escritor galego.

Traxectoria Reside en Arteixo dende o ano 1999. Colaborador de varias publicacións periódicas, como a revista Xente Nova (1995-1999), Airiños (2000-2009), El Periódico de Arteixo (2006-2010), e membro fundador da Organización Literario-Cultural Amencer, de Arteixo, e vicepresidente xove da Asociación Don Bosco da Coruña (2006-2010). En decembro de 2007 expón no Centro Cívico de Arteixo xunto á pintora uruguaia Ana Novo a obra Mnemosyne, a voz da imaxe, onde se fusionan poesía e pintura abstracta. Desa obra xorden os dous primeiros recitais poéticos coa Organización Literario-Cultural Amencer (OLCA).

Participou no xurado do Concurso Literario Manuel Murguía de 2008, así como en recitais de poesía en toda Galicia.

Obra en galego Poesía

Terra (2006) Lembranzas (2006) Máis alá de min! (2007) Bitácora poética, 2008, publicada en Internet. Destiño de vinganza (2008) En ausencia (2008) Laios d'alma (2012) Carbón querubín (2019)

Narrativa Río arriba (2008)

Traducións Se lo dije a la noche/Díxenllo á noite, de Juan Carlos García Hoyuelos, 2011. Aire, fuego y deseo/Aire, lume e desexo, de Juan Carlos García Hoyuelos, 2016.

Obras colectivas Latexos, obra poética. O lobo, unha carreira por sobrevivir, ADEGA. Versus, 2012, O. L. C. A. Poesía.

Obra en castelán Poesía Mi pretexto, 2007.

Ten pendente de publicación o libro Sentir (2006).

Premios Accésit de poesía do II Concurso Rita Suárez Amado no 2007, por Mi pretexto. Accésit de poesía do III Concurso Rita Suárez Amado no 2008, por En ausencia. Varios galardóns nos Concursos Literarios Don Bosco dende 1995 ao 2000.

Véxase tamén Ligazóns externas Trece poemas, blog do autor. Óscar de Souto, blog do autor.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cabana de Bergantiños Categoría:Nados en 1980