Emma Thompson, nada en Londres o 15 de abril de 1959, é unha actriz, guionista, produtora, activista, autora e humorista británica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dous Premios Óscar, dous Globos de Ouro, dous Premios BAFTA, un Premio BAFTA de televisión e un Primetime Emmy.

Traxectoria É filla do actor inglés Eric Thompson e da actriz escocesa Phyllida Law. Formouse na Universidade de Cambridge, onde formou parte da tropa de Footlights. Apareceu na serie cómica Alfresco (entre 1983 e 1984) xunto con Hugh Laurie, Stephen Fry e Robbie Coltrane. En 1987 fíxose coñecida pola súa actuación en dúas series de televisión da BBC, Tutti Frutti e Fortunes of War, polas que gañou cadanseu premio Premios BAFTA de televisión como mellor actriz. A comezos da década de 1990, adoitaba facer traballos en colaboración co seu daquela marido, o actor e director Kenneth Branagh, en filmes como Henry V (1989), Dead Again (1991), Os amigos de Peter (1992) e Much Ado About Nothing (1993).

En 1992 gañou un Premio Óscar e un Premios BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación no filme Howards End. En 1993, foi candidata a dous Óscar pola súa participación en O que queda do día e In the Name of the Father. En 1995, Thompson escribiu e protagonizou o filme Sense and Sensibility, polo que gañou numerosos premios, entre os que se atopa o Óscar ao mellor guión (sendo a única persoa da historia en conseguir o premio á mellor actriz e ao mellor guión), e tamén un segundo BAFTA. En 2013, recibiu boas críticas e varias candidaturas a premios por interpretar a P. L. Travers en Saving Mr. Banks. Destacan outros papeis notábeis en filmes como os que fixo na serie de filmes de Harry Potter (2004–2011), Primary Colors (1998), Wit (2001), Love Actually (2003), Angels in America (2003), Nanny McPhee (2005), Stranger than Fiction (2006), Last Chance Harvey (2008), An Education (2009), Men in Black 3 (2012), Men in Black: International (2019), Brave (2012), Beauty and the Beast (2017), Late Night (2019) e Cruella (2021). Tamén protagonizou a serie da BBC/HBO Years and Years (2019).

Thompson está casada actualmente co actor Greg Wise, co que vive en Londres. Teñen unha filla e un fillo adoptado. É activista dos dereitos humanos e do ecoloxismo. Tamén escribiu dous libros adaptados do libro infantil The Tale of Peter Rabbit.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Director Notas 1989 Henry V Catarina de Valois Kenneth Branagh The Tall Guy Kate Lemmon Mel Smith 1991 Dead Again Grace / Margaret Strauss Kenneth Branagh Impromptu Claudette, Duchess d'Antan James Lapine 1992 Howards End Margaret Schlegel James Ivory Óscar á mellor actriz Os amigos de Peter Maggie Chester Kenneth Branagh 1993 Much Ado About Nothing Beatrice Kenneth Branagh O que queda do día Miss Kenton James Ivory Candidata: Óscar á mellor actriz In the Name of the Father Gareth Peirce Jim Sheridan Candidata: Óscar á mellor actriz secundaria 1994 Junior Doutora Diana Reddin Ivan Reitman 1995 Carrington Dora Carrington Christopher Hampton Sense and Sensibility Elinor Dashwood Ang Lee Tamén guionistaÓscar ó mellor guión adaptadoCandidata: Óscar á mellor actriz 1997 The Winter Guest Frances Alan Rickman 1998 Primary Colors Susan Stanton Mike Nichols Judas Kiss Sadie Hawkins Sebastian Gutierrez 2000 Maybe Baby Druscilla Ben Elton 2002 Treasure Planet Capitán Amelia (voz) Ron ClementsJohn Musker 2003 Imagining Argentina Cecilia Christopher Hampton Love Actually Karen Richard Curtis 2004 Harry Potter e o preso de Azkaban Profesora Sybill Trelawney Alfonso Cuarón 2005 Nanny McPhee Nanny McPhee Kirk Jones Tamén guionista 2006 Stranger than Fiction Karen Eiffel Marc Forster 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Profesora Sybill Trelawney David Yates Son lenda Doutora Alice Krippin Francis Lawrence Cameo sen creditar 2008 Brideshead Revisited Lady Marchmain Julian Jarrold Last Chance Harvey Kate Walker Joel Hopkins 2009 An Education Directora da escola Lone Scherfig The Boat That Rocked Charlotte Richard Curtis 2010 Nanny McPhee and the Big Bang Nanny McPhee Susanna White Tamén guionista 2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) Profesora Sybill Trelawney David Yates 2012 Men in Black 3 Axente O Barry Sonnenfeld Brave Raíña Elinor (voz) Mark AndrewsBrenda Chapman 2013 Beautiful Creatures Mrs. Lincoln / Sarafine Richard LaGravenese Saving Mr. Banks P.L. Travers John Lee Hancock The Love Punch Kate Jones Joel Hopkins 2014 Men, Women & Children Narradora (voz) Jason Reitman Effie Gray Lady Eastlake Richard Laxton Tamén guionista 2015 A Walk in the Woods Catherine Bryson Ken Kwapis The Legend of Barney Thomson Cemolina Robert Carlyle Burnt Doutora Rosshilde John Wells 2016 Alone in Berlin Anna Quangel Vincent Pérez Bridget Jones's Baby Doutora Rawling Sharon Maguire Tamén guionista The Doubt Machine: Inside the Koch Brothers' War on Climate Science Narradora (voz) Bruce Livesey Documental 2017 Beauty and the Beast Señora Potts Bill Condon Sea Sorrow Sylvia Pankhurst Vanessa Redgrave The Meyerowitz Stories Maureen Noah Baumbach The Children Act Fiona Maye Richard Eyre 2018 Johnny English ataca outra vez Primeira ministra do Reino Unido David Kerr 2019 Late Night Katherine Newbury Nisha Ganatra Missing Link A ieti Dora (voz) Chris Butler Men in Black: International Axente O F. Gary Gray How to Build a Girl Amanda Watson Coky Giedroyc Last Christmas Petra Andrich Paul Feig Tamén guionista e produtora 2020 Dolittle Polynesia (voz) Stephen Gaghan 2021 Cruella Baronesa von Hellman Craig Gillespie 2022 Matilda the Musical Miss Trunchbull Matthew Warchus TBA What's Love Got to Do With It? Cath Shekhar Kapur TBA Good Luck to You, Leo Grande Nancy Stokes Sophie Hyde

Televisión Ano Título Personaxe Notas 1982 Cambridge Footlights Revue Varios personaxes Especial de televisión There's Nothing to Worry About! Mrs. Wally 3 episodios 1983–84 Alfresco Varios personaxes 13 episodios 1984 The Comic Strip Presents Moza Episodio: "Slags" Os novos Miss Money-Sterling Episodio: "Bambi" 1985 Emma Thompson: Up for Grabs Varios Telefilme 1987 Tutti Frutti Suzi Kettles Miniserie; 6 episodios Fortunes of War Harriet Pringle Miniserie; 7 episodios 1988 Thompson Varios personaxes 6 episodios 1989 Look Back in Anger Alison Porter Telefilme 1990 Knuckle Jenny Wilbur Telefilme The Winslow Boy Catherine Winslow Telefilme 1992 Cheers Nanette Guzman Episodio: "One Hugs, the Other Doesn't" 1994 The Blue Boy Marie Bonnar Telefilme 1997 Ellen Ela mesma (convidada) Episodio: "Emma" Hospital! Muller elefante Telefilme 2001 Wit Vivian Bearing Telefilme, tamén guionista 2003 Angels in America Enfermeira Emily/Muller sen fogar/The Angel America Miniserie, 5 episodios 2009 QI Ela mesma Serie F, Episodio: "Film" 2010 The Song of Lunch Ela Telefilme 2012 Walking the Dogs Isabel II do Reino Unido Telefilme 2017 Upstart Crow Isabel I de Inglaterra Episodio: "A Christmas Crow" 2018 King Lear Goneril Telefilme 2019 Saturday Night Live Ela mesma (convidada) Episodio: "Emma Thompson/Jonas Brothers" Years and Years Vivienne Rook MP Miniserie, 6 episodios

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Óscar á mellor actriz