miniatura|dereita|Un fragmento de ámbar como o que puido utilizar Tales de Mileto na súa experimentación do efecto triboeléctrico. O nome en grego deste material (ἔλεκτρον, élektron) utilizouse para nomear ao fenómeno e a ciencia que o estuda, a partir do libro De Magnete, Magneticisque Corporibus, et de Magno Magnete Tellure ( Sobre os imáns, os corpos magnéticos e o grande imán terrestre), de William Gilbert (1600).
miniatura|dereita|Gravado mostrando a teoría do galvanismo segundo os experimentos de Luigi Galvani. De viribus electricitatis in motu musculari commentarius, 1792.
A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.
Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución. O fenómeno da electricidade estudouse desde a antigüidade, pero o seu estudo científico comezou nos séculos XVII e XVIII. A finais do século XIX, os enxeñeiros lograron aproveitala para uso doméstico e industrial. A rápida expansión da tecnoloxía eléctrica converteuna na columna vertebral da sociedade industrial moderna.
O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía.
Historia Un dos seus fitos iniciais pode situarse cara ao ano 600 a.C., cando o filósofo grego Tales de Mileto observou que fregando unha vara de ámbar cunha pel ou con la, obtíñanse pequenas cargas (efecto triboeléctrico) que atraían pequenos obxectos, e fregando moito tempo podía causar a aparición dunha faísca.
Preto da antiga cidade grega de Magnesia atopábanse as denominadas pedras de Magnesia, que incluían magnetita. Os antigos gregos observaron que os anacos deste material se atraían entre si, e tamén atraían pequenos obxectos de ferro. As palabras magneto (equivalente en galego a imán) e magnetismo derivan dese topónimo.
A electricidade evolucionou historicamente desde a simple percepción do fenómeno, ao seu tratamento científico, que non se faría sistemático ata o século . Rexistráronse ao longo da Idade Antiga e Media outras observacións illadas e simples especulacións, así como intuicións médicas (uso de peixes eléctricos en enfermidades como a gota e o dor de cabeza) referidas por autores como Plinio o Vello e Scribonius Largus, ou obxectos arqueolóxicos de interpretación discutible, como a Batería de Bagdad, un obxecto atopado en Iraq en 1938, datado ao redor de 250 a.C., que se asemella a unha cela electroquímica. Non se atoparon documentos que evidencien a súa utilización, aínda que hai outras descricións anacrónicas de dispositivos eléctricos en muros exipcios e escritos antigos. miniatura|esquerda|Ilustración do célebre experimento do papaventos de Benjamin Franklin. Esas especulacións e rexistros fragmentarios son o tratamento case exclusivo (coa notable excepción do uso do magnetismo para o compás) que se fixo desde a Antigüidade ata a Revolución científica do século ; aínda que entón pasou por ser pouco máis que un espectáculo para exhibir nos salóns. As primeiras achegas que poden entenderse como aproximacións sucesivas ao fenómeno eléctrico foron realizadas por investigadores sistemáticos como William Gilbert (magnetismo), Otto von Guericke (baleiro), Du Fay (Carga eléctrica), Pieter van Musschenbroek (botella de Leiden) ou William Watson. As observacións sometidas a método científico empezan a dar os seus froitos con Luigi Galvani, Alessandro Volta, Charles-Augustin de Coulomb ou Benjamin Franklin, proseguidas a comezos do século por André Marie Ampère, Michael Faraday ou Georg Ohm. Os nomes destes pioneiros terminaron bautizando as unidades hoxe utilizadas na medida das distintas magnitudes do fenómeno. A comprensión final da electricidade logrouse recentemente coa unificación do magnetismo nun único fenómeno electromagnético descrito polas ecuacións de Maxwell (1861-1865).
O telégrafo eléctrico (Samuel Morse, 1837, precedido por Gauss e Weber, 1833) pode considerarse como a primeira grande aplicación no campo das telecomunicacións, pero non será na primeira revolución industrial, senón a partir do cuarto final do século XIX cando as aplicacións económicas da electricidade converterana nunha das forzas motrices da segunda revolución industrial. Máis que de grandes teóricos como Lord Kelvin, foi o momento de enxeñeiros, como Zénobe Gramme, Nikola Tesla, Frank Sprague, George Westinghouse, Ernst Werner von Siemens, Alexander Graham Bell e sobre todo Thomas Alva Edison e o seu revolucionario xeito de entender a relación entre investigación científico-técnica e mercado capitalista. Os sucesivos cambios de paradigma da primeira metade do século xx (relativista e cuántico) estudarán a función da electricidade nunha nova dimensión: atómica e subatómica. miniatura|200px|Multiplicador de tensión Cockcroft-Walton utilizado nun acelerador de partículas de 1937, que alcanzaba un millón de voltios. A electrificación non só foi un proceso técnico, senón un verdadeiro cambio social de implicacións extraordinarias, comezando polo alumado e seguindo por todo tipo de procesos industriais (motor eléctrico, metalurxia, refrixeración...) e de comunicacións (telefonía, radio). Lenin, durante a Revolución bolxevique, definiu o socialismo como a suma da electrificación e o poder dos soviets, Frase moi citada, aquí glosada por Slavoj Žižek Lenin ciberespacial: por que non? International Socialism N° 95, 2002. pero foi sobre todo a sociedade de consumo que naceu nos países capitalistas, a que dependeu en maior medida da utilización doméstica da electricidade nos electrodomésticos, e foi nestes países onde a retroalimentación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade desenvolveu as complexas estruturas que permitiron os actuais sistemas de I+D e I + D + i, na que a iniciativa pública e privada se compenetran, e as figuras individuais dilúense nos equipos de investigación.
A enerxía eléctrica é esencial para a sociedade da información da terceira revolución industrial que vén producindo desde a segunda metade do século XX (transistor, televisión, computación, robótica, Internet...). Unicamente pode comparárselle en importancia a motorización dependente do petróleo (que tamén é amplamente utilizado, como os demais combustibles fósiles, na xeración de electricidade). Ambos os procesos esixiron cantidades cada vez maiores de enerxía, o que está na orixe da crise enerxética e ambiental e da procura de novas fontes de enerxía, a maioría con inmediata utilización eléctrica (enerxía nuclear e enerxías alternativas, dadas as limitacións da tradicional hidroelectricidade). Os problemas que ten a electricidade para o seu almacenamento e transporte a longas distancias, e para a autonomía dos aparellos móbiles, son retos técnicos aínda non resoltos de forma suficientemente eficaz.
O impacto cultural do que Marshall McLuhan denominou Idade da Electricidade, que seguiría á Idade da Mecanización (por comparación a como a Idade dos Metais seguiu á Idade de Pedra), radica na altísima velocidade de propagación da radiación electromagnética (300.000 km/s) que fai que se perciba de forma case instantánea. Este feito leva posibilidades antes inimaxinables, como a simultaneidade e a división de cada proceso nunha secuencia. Impúxose un cambio cultural que proviña do enfoque en "segmentos especializados de atención" (a adopción dunha perspectiva particular) e a idea da "conciencia sensitiva instantánea da totalidade", unha atención ao "campo total", un "sentido da estrutura total". Fíxose evidente e prevalente o sentido de "forma e función como unha unidade", unha "idea integral da estrutura e configuración". Estas novas concepcións mentais tiveron grande impacto en todo tipo de ámbitos científicos, educativos e ata artísticos (por exemplo, o cubismo). No ámbito do espacial e político, "a electricidade non centraliza, senón que descentraliza... mentres que o ferrocarril require un espazo político uniforme, o avión e a radio permiten a maior descontinuidade e diversidade na organización espacial".Marshall McLuhan (1964) Understanding Media, páx.13; Reversal of the Overheated Medium, páx. 36
Século XVII A Revolución científica que viña producíndose desde Copérnico na astronomía e Galileo na física non vai atopar aplicacións moi temperás ao campo da electricidade, limitándose a actividade dos poucos autores que tratan sobre ela á recompilación baconiana (polo filósofo Francis Bacon) de datos experimentais, que polo momento non alcanzan a inducir modelos explicativos tamén na era da electricidade producíronse grandes cambios importantes.
William Gilbert: materiais eléctricos e materiais aneléctricos (1600)
O científico inglés William Gilbert (1544-1603) publicou o seu libro De Magnete, onde utiliza a palabra latina electricus, derivada do grego elektron, que significa ámbar, para describir os fenómenos descubertos polos gregos.O primeiro uso en inglés débese a Sir Thomas Browne , en Pseudodoxia Epidemica, 1646. Previamente, o italiano Gerolamo Cardano (1501-1576) había xa distinguido, quizais por primeira vez, entre as forzas magnéticas e as eléctricas (De Subtilitate 1550). Gilbert estableceu as diferenzas entre ambos os fenómenos por mor de que a raíña Isabel I de Inglaterra ordenaralle estudar os imáns para mellorar a exactitude dos compases usados na navegación, conseguindo con este traballo a base principal para a definición dos fundamentos da electrostática e magnetismo. A través das súas experiencias clasificou os materiais en eléctricos (condutores) e aneléctricos (illantes) e ideou o primeiro electroscopio. Descubriu a imantación por influencia, e observou que a imantación do ferro pérdese cando se quenta o lume. Estudou a inclinación dunha agulla magnética concluíndo que a Terra compórtase como un grande imán. Deu nome o Gilbert que é a unidade de medida da forza magnetomotriz. Biografía de William Gilbert en Biografias y Vida
Otto von Guericke: as cargas eléctricas (1660)
miniatura|120px|esquerda|Otto von Guericke
As investigacións de Gilbert foron continuadas polo físico alemán Otto von Guericke (1602-1686). Nas investigacións que realizou sobre electrostática observou que se producía unha repulsión entre corpos electrizados logo de ser atraídos. Ideou a primeira máquina electrostática e sacou faíscas dun globo feito de xofre, o cal levoulle a especular sobre a natureza eléctrica dos lóstregos. Foi a primeira persoa que estudou a luminiscencia. Biografía de Otto von Guericke en Biografias y Vida Biografía de Otto von Guericke
Século XVIII: a Revolución industrial A crise da conciencia europea renova o panorama intelectual de finais do século XVII a principios do século XVIII e abre as portas ao chamado Século das luces ou da Ilustración. Institucións científicas de novo cuño, como a Royal Academy inglesa, e o espírito crítico que os enciclopedistas franceses (Encyclopédie) estenden por todo o continente, conviven co inicio da Revolución industrial. No entanto, a retroalimentación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade, aínda non se produciu. Á parte do pararraios, ningunha das innovacións técnicas do século tivo que ver coas investigacións científicas sobre a electricidade, feito que non é exclusivo deste campo: a mesma máquina de vapor precedeu en cen anos á definición da termodinámica por Sadi Carnot.Quintanilla y Sánchez Ron, op. cit, especialmente Ilustración y Revolución Industrial, páx. 26.
Stephen Gray: os efluvios (1729)