"Fascination Street" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Disintegration o 18 de abril de 1989.

O selo estadounidense do grupo, Elektra Records, rexeitou a elección da banda como primeiro sinxelo do álbum, que sería "Lullaby", e usou "Fascination Street". A canción converteríase no primeiro número 1 da banda na lista da Billboard Modern Rock Tracks, de recente creación na época.

Listaxe de cancións 7": Elektra "Fascination Street" [Remix] (4:17) "Babble" (4:16)

12": Elektra "Fascination Street" [Extended Remix] (8:48) "Babble" (4:16) "Out of Mind" (3:51)

CD: Elektra "Fascination Street" [Remix] (4:17) "Babble" (4:16) "Out of Mind" (3:51) "Fascination Street" [Extended Remix] (8:48)

Categoría:Sinxelos de 1989 Categoría:Cancións de The Cure Categoría:Composicións musicais de rock alternativo