7 de marzo é o 66º día do ano no calendario gregoriano e o 67º nos anos bisestos. Quedan 299 días para acabar o ano.

Acontecementos 1876 - Alexander Graham Bell lanza a patente do teléfono. 1911 - Comezo da Revolución Mexicana. 1914 - Publícase o derradeiro número do semanario de Rianxo El Barbero Municipal. 1934 - O autoxiro La Cierva, tripulado polo seu inventor, realiza probas de descenso e engalaxe satisfactorias na cuberta do portaavións Dédalo, en augas de Valencia. 1938 - Guerra civil española: Afundimento do cruceiro Baleares, no que morreron 788 homes 1966 - O ministro Manuel Fraga báñase na praia de Palomares (Almería), ante o temor popular á radioactividade dunha Bomba H estadounidense perdida no mar por un accidente aéreo. 1983 - Ábrense as portas do remodelado Palacio de El Pardo, en Madrid, destinado no futuro para residencia dos Xefes de Estado estranxeiros en visita a España 1996 - Constitución do primeiro Parlamento palestino elixido democraticamente e integrado por 88 deputados.

Nacementos miniatura|100px|Alessandro Manzoni. 1765 - Joseph Nicéphore Niépce, litógrafo e científico francés (m. 1833). 1785 - Alessandro Manzoni, escritor italiano. 1792 - John Herschel, matemático e astrónomo inglés. 1805 - Juana de Vega, escritora galega. 1857 - Julius Wagner-Jauregg, médico austríaco (m. 1940). 1872 - Piet Mondriaan, pintor holandés. 1875 - Maurice Ravel, compositor francés. 1899 - Charles W. Thornthwaite, climatólogo e xeógrafo estadounidense. 1909 - Léo Malet, escritor francés (m. 1996). 1912 - Leonardo Santamarina, mestre e político galego (m. 1987). 1930 - Stanley Miller, científico estadounidense. 1936 - Antonio Mercero, director de cine e TV español. 1938 - Albert Fert, físico francés. 1945 - César Mera, político galego. 1953 - Sulma Arias, escritora galega. 1966 - Ángela Portero, xornalista galega. 1970 - Rachel Weisz, actriz británica. 1970 - Xosé Duncan, escritor galego. 1976 - Beatriz Manjón, xornalista galega e presentadora de televisión.

Mortes miniatura|100px|Manuel Curros Enríquez. 1274 - Tomé de Aquino, filósofo e teólogo italiano (n. 1225). 1786 - Franz Benda, compositor e violinista bohemio. 1875 - John Edward Gray, botánico, zoólogo e micólogo inglés (n. 1800). 1890 - Claudio Moyano, político español. 1908 - Manuel Curros Enríquez, escritor galego, na Habana (Cuba). 1909 - Xosé García Barbón, empresario e mecenas galego. 1909 - Georgii Lvov, primeiro presidente da Rusia post-imperial. 1921 - François Hennebique, enxeñeiro, arquitecto e construtor francés (n. 1842). 1932 - Aristide Briand, político francés (n. 1862). 1938 - Antonio Reboiro Rodríguez, político galego. 1954 - Otto Paul Hermann Diels, químico alemán (n. 1876). 1975 - Mikhail Bakhtin, pensador, crítico literario e semiólogo ruso (n. 1895). 1997 - Edward Mills Purcell, físico norteamericano (n. 1912). 1997 - Martin Kippenberger, pintor, escultor e artista alemán (n. 1933). 1999 - Stanley Kubrick, cineasta estadounidense (n. 1928). 2000 - Alfredo Cid Rumbao, mestre e investigador galego. 2001 - Ramón Pais Romero, mestre e político galego. 2009 - Pablo Moure Mariño, político galego.

Festas e celebracións Día Mundial dos Cereais.

Outros Santoral: Santa Perpetua e Santa Felicidade

Notas

Os 366 días do ano

07