"Cut Here" é un sinxelo da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 29 de outubro do 2001 como parte do seu recompilatorio Greatest Hits. O tema acadou o número 54 na lista británica de sinxelos.

Historia A canción chámase así polo feito de que Robert Smith cría que sería a derradeira canción gravada por The Cure. É tamén un anagrama do nome da banda. A letra da canción trata sobre o suicidio en 1997 do seu amigo Billy Mackenzie, cantante de Associates.

Listaxe de cancións "Cut Here" "Signal to Noise" "Cut Here" (Missing Remix)

Categoría:Sinxelos de 2001 Categoría:Cancións de The Cure