Balikpapan é unha cidade que se localiza no estreito de Macasar, no suroeste da illa de Borneo, en Indonesia. É a segunda cidade da provincia de Kalimantal oriental con 535 829 habitantes (2005).

Xeografía

Case totalmente rodeada polo mar, Balikpapan é un importante centro da industria petroleira e mineira. Ten un aeroporto internacional, chamado Sepinggan e varios portos como Semayang e Somber.

Historia O 23 de xaneiro de 1942 os xaponeses conquistaron a cidade logo de bombardeala dende o 2 de xaneiro.

Categoría:Cidades de Indonesia