María Xesús Nogueira Pereira, nada en Berres (A Estrada) o 19 de xullo de 1968, é unha profesora, filóloga e ensaísta galega. Exerce o cargo de presidenta na Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.

Traxectoria Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal e tamén, do Boletín Galego de Literatura. Colabora no portal en Internet culturagalega.org. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.

Obras Ensaio Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro, 1993, Sotelo Blanco. A Literatura desde 1936 ata hoxe: poesía e teatro, 2001, Hércules de Edicións. Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, 2009, 3C3 editores. Dicionario Lois Pereiro, 2011, 3C3 editores. Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño (2026). Vigo: Galaxia. 246 páxs. ISBN 978-84-1176-589-3. Con Ana Romaní.

Edición Álvaro Cunqueiro. Narrativa curta. Antoloxía, 1997, A Nosa Terra. Lois Pereiro: Día das Letras Galegas 2011, 2011, Universidade de Santiago de Compostela. Viaje a Lugo: páginas sobre la ciudad, de Álvaro Cunqueiro, 2011, Alvarellos. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), Xerais, ISBN 978-84-9121-428-1.Edición, introdución e notas. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) na páxina web de Xerais.

Obras colectivas O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón. Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón. Bestiario, 1998, Edicións do Dragón. Poesía Contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. Palabra viva. Galicia e Hispanoamérica, 2012, Universidade de Santiago de Compostela. Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela