A peseta saharauí (en árabe البيزيتا الصحراوي) é a moeda de iure da República Árabe Saharauí Democrática dende a sinatura dos Acordos de Madrid en 1975.
A pesar de que esta moeda non ten carácter oficial, ten asignado o código ISO 4217 EHP. Divídese en 100 céntimos, aínda que non se acuñaron nunca moedas con estas denominacións, así como billetes en pesetas saharauís.
Ao ser un territorio ocupado por Marrocos,http://www.havc.se/res/SelectedMaterial/20020129legalopinionwesternsahara.pdf Carta do 29 de xaneiro do 2002 do Subsecretario Xeral para Asuntos Legais ao Presidente do Consello de Seguridade a moeda que circula no territorio do Sáhara Occidental é o dirham marroquí, xunto á uquiya mauritana en menor medida.
Ao non ser unha moeda oficial nin recoñecida, non existe unha taxa de troco para a peseta saharauí. Con todo, tralos Acordos de Madrid, o goberno da República Árabe Saharauí Democrática fixou o seu valor como paritario á peseta española, cunha taxa de troco de 1 ESP = 1 EHP; e actualmente cunha paridade fixa co euro de 1 EUR = 166,386 EHP.
Moedas As moedas non conmemorativas acuñadas polo Fronte Polisario son de 1, 2, 5 e 50 pesetas, todas elas de cuproníquel:
ImaxeValorAnoMetalDiámetro(mm.)Peso(gr.)AnversoReverso160px 1 peseta "1 Peseta". Numista.1992Cuproníquel (Cu+Ni)17,002,94Beduíno e dromedarioTransporte típicoالنقل التقليديValor e escudo de armasREPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA175px2 pesetas "2 Pesetas". Numista.1992Cu+Ni20,003,56 Beduíno e dromedarioTransporte típicoالنقل التقليديValor e escudo de armasREPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA190px5 pesetas "5 Pesetas". Numista.1992Cu+Ni21,503,92 Beduíno e dromedarioTransporte típicoالنقل التقليديValor e escudo de armasREPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA90px90px50 pesetas "50 Pesetas". Numista.1990Cu+Ni24,406,40 Beduíno e dromedarioTransporte típicoالنقل التقليديValor e escudo de armasREPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA
As demais denominacións cuñadas son pezas conmemorativas ou temáticas, por exemplo:
Notas
Categoría:Peseta Categoría:Sáhara Occidental