Alonso de la Peña Montenegro, nado en Padrón o 27 de abril de 1596 e finado en Quito o 12 de maio de 1688, foi un eclesiástico galego.
Traxectoria Procedía dunha familia nobre. Fixo estudos eclesiásticos e universitarios en Santiago de Compostela, recibindo o grao na capela da Comuñón da catedral. Posteriormente foi catedrático de teoloxía e reitor da Universidade, até que foi nomeado bispo de Quito. Máis tarde foi nomeado vicerrei do Perú. Escribiu a obra Itinerario de párrocos....
Foi enterrado en Quito, malia que dotara o seu panteón na igrexa de Iria, con sepultura e estatua orante, pero a súa familia non se ocupou do traslado do corpo, polo que o sepulcro de Iria está baleiro.
Categoría:Bispos católicos de Ecuador Categoría:Nados en Padrón Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en 1596 Categoría:Finados en 1688