O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

Historia e características Edítase tanto en galego (os volumes levan unha banda azul celeste no lombo) como en castelán (banda vermella). As súas seccións están coordinadas por distintos persoeiros vinculados coas universidades galegas. O Proxecto Galicia consta de 64 tomos.

Colaboradores Xunto co Editor, Francisco Rodríguez Igrexas (presidente de Hércules de Edicións), e os membros do consello editorial: Xosé Filgueira Valverde, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Francisco Javier Río Barja, Andrés Precedo Ledo, Armando Fernández-Xesta, Xulio Correa Corredoira e Francisco Verdía Rodríguez, os colaboradores da obra segundo a sección foron Xosé Ramón Barreiro en Historia; Xosé Antón Castro Fernández en Arte; Francisco Xavier Río Barja en Xeografía; Xosé Manuel González Reboredo en Antropoloxía; Darío Villanueva Prieto en Literatura; Francisco Díaz-Fierros en Natureza; Adolfo Cordeiro Rivera en Ecoloxía; José Antonio García Caridade en Dereito; Carlos Acuña Rubio en Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria; e Fernando González Laxe en Economía.

Seccións

Historia Tomo I: Prehistoria e Historia Antiga Tomo II: Galicia na Época Medieval Tomo III: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e Sociedade Tomo IV: A Galicia do Antigo Réxime. Ensino, Ilustración e Política Tomo V: A Sociedade Galega Contemporánea. Tradición e Modernidade Tomo VI: Historia Contemporánea. Ensino e Cultura Tomo VII: Historia Contemporánea. Política. (Século XIX) Tomo VIII: Historia Contemporánea. Política. (Século XX)

Arte Tomo IX: Arte Prehistórica e Romana Tomo X: Arte Medieval (I) Tomo XI: Arte Medieval (II) Tomo XII: Galicia na Época do Renacemento Tomo XIII: O Barroco (I) A Época. Os patrocinadores. Arquitectos do Século XVII Tomo XIV: O Barroco (II) Arquitectos do Século XVIII. Outras Actividades Artísticas Tomo XV: Arte Contemporánea Tomo XVI: Arte Contemporánea (I)

Xeografía e Cartografía Tomo XVII: Xeografía Xeral Tomo XVIII: A Galicia Cantábrica, Ártabra e Fisterrá Tomo XIX: Vales do Tambre e do Ulla, Rías Baixas Pontevedresas e o Baixo Miño Tomo XX: A Limia, Val de Monterrei e As Frieiras, Miño Central Ourensán e Depresións e Serras Surorientais Tomo XXI: A Chaira Luguesa, as Montañas Orientais e Itinerarios de Interese para o Viaxeiro Tomo XXII: Cartografía de Galicia

Antropoloxía Tomo XXIII: Arquitectura. Economía Tomo XXIV: Tecnoloxía Agraria. Oficios Tomo XXV: Mariñeiros. Creación Estética Tomo XXVI: Artesanía. Sociedade Tomo XXVII: Relixión. Crenzas. Festas Tomo XXVIII: Imaxinario. Literatura Popular Tomo XXIX: Historia da Antropoloxía. Patrimonio Etnográfico

Literatura Tomo XXX: A Idade Media Tomo XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX Tomo XXXII: O século XX. A literatura Anterior á Guerra Civil Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro Tomo XXXIV: A literatura desde 1936 ata hoxe: Narrativa e Tradución Tomo XXXV: Escritores Galegos na literatura Española

Natureza Tomo XXXVI: Historia Natural. Xeoloxía Tomo XXXVII: Zooloxía I Tomo XXXVIII: Zooloxía II Tomo XXXIX: Zooloxía III Tomo XL: Zooloxía IV Tomo XLI: Botánica I Tomo XLII: Botánica II Tomo XLIII: Botánica III

Ecoloxía Tomo XLIV: Introdución á Ecoloxía Tomo XLV: Conservación I Tomo XLVI: Conservación II Tomo XLVII: Ciencia e Tecnoloxía Ambientais I Tomo XLVIII: Ciencia e Tecnoloxía Ambientais II

Dereito Tomo XLIX: Dereito I Tomo L: Dereito II Tomo LI: Dereito III Tomo LII: Dereito IV Tomo LIII: Dereito V

Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria Tomo LIV: Baixa Idade Media Tomo LV: Século XVI (primeira parte) Tomo LVI: Século XVI (segunda parte) e Século XVII (primeira parte) Tomo LVII: Século XVII (segunda parte) Tomo LVIII: Séculos XVIII-XXI Tomo LIX: Heráldica institucional

Economía Tomo LX: Trazos da economía galega Tomo LXI: Os sectores e actividades produtivas Tomo LXII: A Economía Regulatoria Tomo LXIII: Galicia e a súa inserción exterior Tomo LXIV: Poder empresarial en Galicia

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Proxecto Galicia Capítulo 469: Proxecto Galicia" Ben falado!, TVG, 7/4/2011.

Categoría:Cultura de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Enciclopedias en galego Categoría:Enciclopedias en castelán Categoría:Enciclopedias temáticas